Entradas por bretemas

Onte 44: TSQ

Coñecín a nova terminal e aparcamento do aeroporto de Santiago, outra mostra da moderna arquitectura aeroportuaria peninsular, ao xeito dunha versión galega da T4 ou da portuense do Sa Carneiro. Gustoume a amplitude dos espazos e lamentei a precariedade da información ou que os elevadores parlantes non falasen galego. Engulido no ventre da enorme balea […]

Onte 43: Construír a paz

Cando coñecín a noticia veume a cabeza decontado o sorriso de Suso Jares, alguén para quen estas serían unhas horas de esperanza. O anuncio de ETA do cese definitivo da súa actividade armada abre unha oportunidade para construír a convivencia no País Vasco dende a cultura de paz. Eis o grande reto que deben saber […]

Onte 42: O embigo do mundo

Coa presentación en Compostela de Extramunde, a novela de Xavier Queipo gañadora do Premio Xerais 2011, iniciamos a nosa tempada de Nadal. “O embigo do mundo” é un espectáculo artístico, unha presentación literaria de formato innovador, onde se mestura o teatro da man de Quico Cadaval e Anabel Lago, a danza contemporánea de Olga Cameselle […]

Onte 41: 2,81

Con motivo da intervención que realicei no foro Conexões estimei, a partir dos estudos de Comercio Interior do Libro e da Panorámica da Edición,  que en 2010 se venderon en Galicia 7.696.102 libros (si, máis de sete millóns), o que supón que a cada habitante do país noso lle corresponde 2,81. Esta porcentaxe de libros […]

Onte 40: Galicia queimada

As noitiñas dos luns estou afeito a debater coa serenidade posible na tertulia conservadora da Radio Galega. Onte fun o único participante que defendeu a necesidade de traballar pola construción da paz e da convivencia en Euskalerría ou por non asumir con resignación a política do teito de gasto que recurta as prestacións e a […]

Onte 39: Mala saúde de ferro

Ocupei boa parte da tarde en traballar os datos da edición en Galicia no ano 2010, a partir do informe do ISBN. Como amosei na anotación que preparei onte e naqueloutra da pasada semana sobre o Comercio Interior do Libro, a edición en galego, no difícil entorno das crises e dos tránsitos, goza dunha mala […]

Panorámica da edición en galego 2010

Os datos achegados pola Panorámica de la edición española de libros 2010, publicación do Ministerio de Cultura, a partir das referencias de ISBN, xunto aos proporcionados polo estudo de Comercio Interior do Libro, axudan a diagnosticar o estade saúde do sector da edición en galego. Tras desagregar os datos e incorporalos ás series estatísticas (pdf), […]

Onte 38: Eduardo 50

Celebramos coa familia a ledicia do 50 aniversario de Eduardo. O meu irmán atravesa, coma fixeramos nós hai menos de dous anos, ese medio do camiño da vida, esa fronteira que nos axuda a comprender a nosa irremediable finitude. Para o meu Eduardo, e para todos e todas que formamos parte da xeración Polycomander, vai […]