Entradas por bretemas

Onte 534: Madrid 2003

Alguén esqueceu aquel 23-F de 2003 cando viaxamos a Madrid? Aquela manifestación do Prestige marcounos xeracionalmente. No caso noso, a foto do grupo dos compañeiros e compañeiras de Xerais coas súas familias termando da pancarta co palíndromo de Gonzalo Navaza («Sós no mar do dramón, só nós sós») é o único documento que se mantivo […]

Onte 533: Galician Songs

Saber de libros da literatura galega traducidos a outras linguas é para min unha das noticias profesionais máis estimulantes. A carencia dun programa público ou dunha estratexia país de proxección da literatura e da edición galega no mundo (cuxa necesidade teño reiterado aquí até o aborrecemento) é suplida, até hoxe, unhas veces por iniciativas illadas […]

Onte 532: #twitterengalego

A versión beta do Twitter en galego constitúe outro éxito colectivo da comunidade da internet galega. Esta posibilidade de escoller o galego entre as opcións de idioma en Twitter é un paso importante na normalización da presenza do nos ididoma na rede. Gustei das solucións escollidas polo equipo de tradución, sobre todo de termos novidosos […]

Onte 531: Biografía de referencia

Na presentación en Couceiro, a crítica Chus Nogueira cualificou Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro como «un libro excepcional, a biografía de referencia sobre Celso Emilio Ferreiro». Para Nogueira no libro de Ramón Nicolás «sorprenden a magnitude, a amplitude e rigor dun traballo que o converten nun libro de referencia». “Que hai de […]

Onte 530: A confesión do electricista

A confesión que José Manuel Fernández Castiñeiras, “Manoliño do Rego”, o electricista acusado de roubar o Códice Calixtino, escrita da súa propia man e presentada diante do xulgado de instrución de Santiago, é un relato tremendo, impresionante sobre o que “víu e vivíu” na catedral de Santiago, para el “unha areíña” do moito que coñeceu […]

Onte 529: Trasacordo afortunado

Un equipo de fútbol profesional crea un espazo simbólico facilitador dos soños e afáns dos seus seareiros. Mais tamén é unha comunidade de convivencia de milleiros de persoas que, por riba das súas preferencias ideolóxicas e diferenzas xeracionais, asumen anceios compartidos. Aí, quizais, radica o celme da identidade de cada equipo que «sempre é máis […]

Onte 528: O Celta no precipicio

Tras o sucedido nesta fin de semana en Xetafe, o Celta quedou no precipicio, nunha situación case desesperada para manter a categoría. Se non abondase unha nova derrota froito da febleza defensiva e das escasas alternativas tácticas das que dispón o equipo, o conflito aberto entre Iago Aspas, o figuriña do equipo, e Paco Herrera, […]

Onte 527: Cen pombas para don Paco

Cen pombas ceibáronse onte na alameda de Vigo para lembrar a don Paco. Foi unha iniciativa cívica da fundación Lois Peña Novo, en colaboración coa Federación Colombófila Galega, para celebrar o centenario de Francisco Fernández del Riego. Abríu a quenda de intervencións Xosé González Martínez que exaltou a figura de Del Riego «polas súas virtudes da […]

Onte 526: Méndez Ferrín homenaxea a Xosé Ramón Pena

Xosé Luís Méndez Ferrín aproveitou a presentación de Como en Alxeria en Librouro para realizar unha homenaxe a Xosé Ramón Pena. Comezou o presidente da Academia Galega situando a Moncho Pena como «un dos escritores galegos a revisar no seu conxunto, xa que está na plenitude da vida», definíndoo despois como erudito, catedrático, grande historiador da […]