Entradas por bretemas

Onte 647: Sés «co xenio destrozado»

Desque o venres merquei o disco en Andel estou enganchado Co xenio destrozado, o segundo cedé de Sés. Un disco xenial, marabilloso, memorable, potente. Unha voz engaiolante capaz de enluvarse en cada tipo de canción. A madurez dunha cantora e compositora en estado de graza. Unha ducia de temas imprescindibles, unha variedade musical espectacular, un catálogo dos ritmos […]

Onte 646: O éxito do punto gal

A aprobación por parte do ICANN dos novos dominios punto gal e punto eus, para a lingua e cultura galegas e euscalduna, constitúe un éxito colectivo moi esperanzador. A partir de inicios de 2014 contaremos coa posibilidade de achegar un novo pulo á presenza da nosa lingua e do pobo galego na Internet. A consecución […]

Onte 644: O portal das palabras

Foi unha beizón que o Seminario de Lexicografía da Academia Galega, en colaboración coa Fundación Barrié, inaugurase o Portal das palabras. Pareceume unha marabilla, sobre todo polas súas enormes posibilidades de aproveitamento didáctico. Gustei do deseño da ferramenta, non só pola claridade do grafismo web, tamén polo emprego das utilidades hipertextuais e multimodais, esenciais nun […]

Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida

Iago Nicolás fíxonos este agasallo para axudar a facer visible o libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey, no que participamos medio cento de persoas unidas pola admiración e a amizade co inesquecible escritor do Grove. Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida será presentado por vez primeira o sábado 22 de xuño, ás 20:00 horas, na […]

Onte 643: Matarte lentamente

Nesta crise magoante a realidade vai detrás da ficción, ou a literatura diante da vida, que ven sendo algo semellante. Penseino onte cando lin devagariño a noticia tremenda do suicidio de U.P.B., un xubilado de 82 anos afectado pola estafa das participacións subordinadas de NGB. Penseino cando lembrei unha das historias relatadas por Diego Ameixeiras […]

Onte 642: Interminable

Atrevinme a viaxar a Madrid en tren. Saín ás oito da mañán de Guixar e pasadas as tres cheguei a Chamartín (con media hora de atraso). Participei nunha reunión, din un paseo (abafaba a calor), e ás dez e medio da noite collín o tren-hotel que chegou a Vigo ás sete da mañán (en punto). […]

Onte 641: Preis Xerais Roman 2013

O luns despois dos Xerais adoitamos reunir na nosa web todos os materiais publicados nos medios impresos e dixitais durante a fin de semana, así como unha galería de fotos. Sempre levamos sorpresas agradables do alcance dos ditame dos premios, sobre todo desque as redes sociais axudan a socializar e a compartir o acontecido na […]

Onte 640: Luis Enrique celeste

A pesar de que a pasada semana fora ratificado Abel Resino, pouco nos estrañou que onte fose contratado Luis Enrique como novo adestrador do Celta. Un trasacordo, figura do comportamento tradicional galego estudada polo antropólogo Marcial Gondar, doadamente explicable pola caótica cultura organizativa de Mouriño, Chaves e Torrecilla, a triade de dirixentes deportivos celestes. Os […]