Entradas por bretemas

Onte 778: «Vento e chuvia»

Memorable presentación espectáculo do proxecto «Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia» de Manuel Gago a que onte tivo lugar na igrexa da universidade compostelá. Na primeira parte o profesor de Historia Antiga da USC Marco García Quintela, Manel Cráneo, o ilustrador, e Manuel Gago, o autor do texto e deste proxecto de edición estendida, […]

Campo do Fragoso CXLIV

FÚTBOL GRANDE Despois da exhibición da Rosaleda, onde recuperou a fantasía do xogo da serpe e a autoestima, agardaba un mellor resultado para o Celta. A pesar de que derrochou empeño e intensidade, fronte ao Barcelona careceu desa imprescindible continuidade na concentración, unha actitude que deben acreditar os pequenos para ter algunha posibilidade de derrubar […]

O futuro do estadio

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación do estadio de Balaídos o seu incerto futuro. Os espectadores do partido da pasada semana, ademais da magoarse coa derrota in extremis do Celta, pillaron unha boa molleira, xa que chovía a cachón tanto fóra coma nas bancadas de Balaídos. A bategada puxo en […]

Onte 777: Irmandade TV

Parabéns a Irmandade TV, a canle de televisión en galego e en liña, que onte comezou a emitir o seu debate en directo. Este programa semanal (martes, 21:30 horas) de debate sobre temas de actualidade política e social, presentado por Aurèlio Lópes, constitúe a estrela dunha programación na que polo momento hai espazo para as […]

Onte 776: Máis peso para a relixión

Son de natural optimista da vontade, porén cada vez estou máis convencido de que aquilo que sae mal de inicio ten moitas posibilidades de acabar aínda moito peor. Eis o exemplo meridiano do probable resultado final da LOMCE dos fachendosos Wert e Gomendio. Fixeron caso omiso da importante folga da comunidade educativa da pasada semana, […]

Onte 775: Lou Reed

A conmoción que na rede produciu a noticia do pasamento de Lou Reed é explicable polo seu carácter de mito xeracional. Desaparece unha lenda, un heroe do rock and roll, un creador iconoclasta, un músico que durante catro décadas apadriñou as diversas variacións da música popular do noso tempo. Un artista capaz de reinventarse varias […]

Onte 774: Celta cinco

O Celta marcara un gol nos cinco últimos cinco partidos, mais onte en Málaga sumou cinco goles nun encontro inesquecible, marabilloso. Así é a gramática do xogo celeste, capaz nunhas oportunidades de desacougarnos, mais tantas outras de facernos gozar e soñar. Cando o barco estaba nas pedras, Luis Enrique foi capaz de sacalo coa suavidade […]

Onte 772: Día da biblioteca

Ademais da exitosa folga en defensa do ensino publico galego de calidade, non esquezamos que onte foi tamén o Día da Biblioteca. Unha efeméride para poñer en valor a que debera ser considerada como a primeira institución cultural de cada comunidade local. As bibliotecas son servizos públicos de primeira necesidade, como as escolas, os hospitais […]

Onte 771: O galego de primeira

Este apoio do Celta de Vigo á lingua galega vale o seu peso en ouro. Un modelo de comportamento empresarial socialmente responsable, unha iniciativa activadora de autoestima pola lingua propia nun entorno en aparencia cada vez máis desgaleguizado. Ben sabemos que a utilización do galego na megafonía de Balaídos remóntase ás corporacións de Manuel Soto, hai […]