Entradas por bretemas

Onte 867: Terra anfibia

Tras dous meses rachando o ceo, comezan a faltar doses de paciencia. Non se fala doutra cousa. Precisamos uns días de tregua de ballóns, ventadas e treboadas na terra e no mar. A riqueza de formas para definir «as precipitacións en forma de pingas de auga prrocedentes da condensación do vapor de auga existente na […]

Carlos Oroza, poeta maior

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao poeta Carlos Oroza con motivo da homenaxe que recibiu en Mondariz Balneario. Na noite do pasado venres no Balneario de Mondariz máis dun cento de persoas abeizoamos a Carlos Oroza con motivo do seu noventa aniversario e da publicación dunha edición popular de “Évame” (Editorial […]

Onte 865: Balada dun perdedor

Acabei a fin de semana indo ao cine para ver A propósito de Llewyn Davis, a película máis recente dos irmáns Coen. Gustoume. Tras unha narración circular, coma moitas das cancións folk, que rematan co verso inicial, os Coen ofrecen outro dos seus clásicos, a balada dun perdedor para o que non admiten outra saída […]

Onte 864: IVE cultural

O Goberno rebaixa o IVE da arte do 21 % ao 10 %, mais non o fai co resto dos sectores culturais. As entradas de cines, teatro e concertos, así como os libros electrónicos, continuarán hipergravados con ese 21 %, que está desfacendo o tecido do consumo cultural. Non é moi doado entender as diferenzas […]

Onte 863: Con Carlos Oroza en Mondariz

Resultou excelente a homenaxe que onte se lle tributou no Balneario de Mondariz a Carlos Oroza con motivo do seu noventa aniversario. Gostei moito da intervención de Tomás Paredes Romero, para quen «un poeta é un acontecemento», o que para o crítico de arte granadino sucede en contados escritores de versos. Tras expresar a súa […]

Onte 862: O almanaque de Ripalda

O escritor Xosé Lois Ripalda vistoume onte para me agasallar co seu libro máis recente, A cultura do viño, e para entregar ao persoal da editorial exemplares do Almanaque Agrícola ZZ 2014 publicado por Syngenta. Outro ano máis o popular ZZ inclúe un traballo de Ripalda, «Os carpinteros de ribeira», como gañador do certame de […]

Onte 861: Editorial Cartel

Grazas ao bibliófilo Guillermo Escrigas soubemos onte da existencia da editorial Cartel, que funcionou en Vigo durante a Guerra Civil, sendo probablemente un precedente daquela exitosa editorial Cíes de Eugenio Barrientos. líder da edición popular en España durante as primeiras décadas de posguerra. Instalada no número 8 da rúa Velázquez Moreno, a editorial Cartel publicaba […]

Onte 860: O mellor que temos para quen máis queremos

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza dende hai tres anos un obradoiro de nanas impartido por Xabier Díaz e Guillermo Fernández. O arrolo (ou cantigas de berce, nanas ou anainas) é unha forma musical universal que dende os primeiros días permite transmitir a quen máis queremos o noso latexo, a nosa calor, o […]