Entradas por bretemas

Onte 924: Pecha Torga

Torga anuncia o peche da súa libraría da rúa da Paz e a súa continuidade na rede. Pérdese así un espazo fulcral para o libro (e disco) galego e portugués en Ourense, unha libraría de referencia en Galicia para os lanzamentos e presentacións literarias durante as dúas últimas décadas. Cónstame que Xavier Paz ensaiou nos […]

A vila de Vigo

No artigo da semana en Faro de Vigo, coincidindo coa Festa da Reconquista, ofrezo unha síntese do proceso de transformación da vila de Vigo en cidade moderna e industrial que se produciu no século XIX. Ás portas da celebración da festa da Reconquista, inaugurouse na Casa Galega da Cultura a exposición “A Vila de Vigo […]

Onte 923: Mortes esquecidas

Entre tanta gabanza a Adolfo Suárez, puido pasar desapercibida unha resposta do Goberno a unha interpelación dunha deputada na que o executivo sostén «que o asasinato dunha prostituta a mans dun cliente non pode considerarse violencia de xénero ao non existir un vínculo afectivo entre o agresor e a vítima». Cando lin semellante barbaridade quedei de […]

Onte 922: Carlos Núñez co pergamiño Vindel

Camiñando polas Avenidas atopamos onte a Carlos Núñez. sobre quen Faro publicaba una longa reportaxe sobre a súa xira nos Estados Unidos. Non puiden evitar preguntarlle sobre a experiencia de ter consultado o Pergamiño Vindel, a alfaia das cantigas de Martin Codax do que este ano celebramos o centenario do seu descubrimento. Contounos que está gardado nunha […]

Onte 921: «Funambulistas» de Mercedes Leobalde, premio Ánxel Fole de narrativa

Viaxamos a Lugo (ía frío) para participar na reunión do xurado do Premio Ánxel Folle de narrativa convocado polo concello de Lugo. Marica Campo, Olga Novo e máis eu decidimos outorgar o premio, entre as sesenta e dúas obras participantes (si, 62), á ultima das presentadas, a identificada co número 62, Funambulistas (lema «Piñata«), que […]

Onte 920: Noite da Edición 2014

A situación crítica do sector editorial galego e o temor provocado no sector do libro educativo polo anuncio da Xunta de Galicia de experimentar a «dixitalización completa» nalgúns centros do último ciclo de Primaria e do primeiro da ESO estiveron moi presentes nas intervencións da Noite da Edición que celebramos onte en Betanzos, no fermoso […]

Onte 918: A alternativa de María Reimóndez

Presentamos onte na libraría Andel A alternativa está aquí, o libro politico de María Reimóndez.  Correspondeu a glosa do ensaio a Emilio Martínez Rivas que comezou lembrando a Xesús Jares e definiu o libro como «compacto», «unha presada de temas actuais para a reflexión», «un libro de intervención política, da política que non ven dos […]

Onte 917: Bibliotecas galegas á baixa

Coñecimos onte o documento que sobre as bibliotecas galegas publicou o Observatorio da Cultura Galega. Entre outros datos, é salientable o aparente paradoxo existente entre a redución dos investimentos públicos nestas institucións culturais básicas, que baixan de 5,5 millóns de euros en 2008 ao 1,3 millóns en 2013 (un recorte do 76,00 %), co incremento […]