Onte 927: Premio Brétemas 2014 ao mellor escaparate do libro galego

Libraria_Miranda_Bueu_28-03-2014

O espectacular escaparate que montou a Librería Miranda con motivo da presentación onte en Bueu da novela de Elena Gallego Sete Caveiras decidiume a promover unha serie de anotacións sobre escaparatismo do libro en Galicia. Estou convencido que o escaparate continúa sendo na maior parte da actividade comercial de proximidade unha das accións principais (desas de toda a vida) da mercadotecnia no punto de venda. O escaparate é un espazo dacabalo entre o interior e o exterior que permite a visibilización dos produtos no espazo público de forma continuada, achegando (en tantas ocasións) un valor engadido á mercadoría exposta.

Nun momento crítico no que o libro galego quedou recluído a algunhas poucas mesas de novidades ou andeis dalgunhas librarías especializadas ou agarimosas co libro galego, reclamar a súa presenza gratuíta nos escaparates é unha acción positiva, tan xusta coma necesaria. Por baixa que sexa a cota de mercado do libro galego é superior á da súa presenza na maior parte dos escaparates libreiros en Galicia.

Agardo que a finais deste anos os lectores e lectoras destas Brétemas outorguemos o Premio Brétemas 2014 ao mellor escaparate do libro galego do ano. Até entón iremos publicando no blog fotografías de escaparates (agradécense os envíos por correo electrónico), indicando nome da libraría, localidade e data da fotografía do escaparate. Hoxe abeizoamos a Libraría Miranda de Bueu polo seu escaparate, o primeiro da galería do noso concurso.

 

2 comentarios
  1. Marcos Calveiro
    Marcos Calveiro Dice:

    Súmome a esta inicitativa de Manolo Bragado, e para darlle un chisco máis de pulo ofrézome como premio. É dicir aquela libraría que gañe o premio ao mellor escparate do libro galega poderá contar comigo desinteresadamente para organizar unha actividade no seu local: charla, presentación ou obradoiro…
    Moita sorte a todos e azos aos libreiros. Que a nosa literatura deixe de ser invisible nas rúas!

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *