Entradas por bretemas

Onte 976: Agustín en Cronopios

Gran entrevista a que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo no serán de onte con Agustín Fernández Paz. Unha auténtica conversa literaria, fluidísima, amena, humanamente relevante, arredor d’ A viaxe de Gagarin. Unha hora de xornalismo cultural de calidade na que se convidou ás lectoras, que encheron na libraría Cronopios de Pontevedra, a mergullarse na novela e […]

Onte 975: Madrigalegos letra e terraferidos

O salón de actos da Casa das Campás quedou moi pequeno para acoller a todas as persoas que quixeron seguir a presentación. organizada polo Atemeo de Pontevedra. de Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), o ensaio máis recente de Ana Acuña. Ventura foi contar coa intervención do sociólogo Daniel Pino, unhas das 54 […]

Onte 974: Máis e-books de Xerais

Continuamos incorporando novos títulos ao catáogo de libro dixital de edición xeral de Xerais. Onte publicamos Eu, pel, a primeira novela de Teresa González Costa, coa que incrementamos a nosa oferta (aínda pequena) de libro dixital para o lectorado dixital máis novo. Con todo, no último ano e medio levamos publicado máis dun cento de […]

Onte 973: Duelo de Penélopes

Felicísimo foi o acto de onte no Club Faro de Vigo no que homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro. Todas as intervencións foron moi brillantes e amosaron a relevancia do autor de Nimbos. Armando Requeixo, o biógrafo e estudoso do escritor de Guitiriz, presentouno como figura poliédrica, poeta durante sesenta anos e tradutor destacadísimo. Luís […]

Onte 972: Aí ven o maio

Celebrouse onte a festa dos maios coa que no centro de Vigo recibimos a primavera. Organizada dende hai máis de tres décadas pola Asociación Casco Vello, esta festa estacional, alicerzada na cultura agraria, transformou a praza da Constitución  en adro de danzas tradicionais (felizmente recuperadas). Ademais de gozarmos na festa do euforizante recendo de pampullos, […]