Entradas por bretemas

Onte 1050: Accidente no Fiouco

Non me sorprendeu o grave accidente na A-8 no Alto do Fiouco (700 metros) no que participaron medio cento de vehículos. Desde a primeira vez que pasei por estas fermosas cotas da Corda, entre a ventada e as brétemas, co asubío rítmico dos virandelos, collinlle medo a este paso, mesmo a pesar de que estar […]

Onte 1049: Arcas de paz e esperanza

Este chío que Khaled ElAhmand publicou onte expresa o incalculable valor dos libros. Esta afouta rapaza gazatense sen nome rescata os seus libros entre os cascallos da súa casa destruída polo exército de Israel. Moi queridos teñen que ser para ela os libros que agarima no seu colo. Eis o poder dos libros entre as […]

Onte 1047: xerais.gal

Este vinte e cinco de xullo quedará na miña memoria como o do punto gal, esa proeza do consenso galeguista que marcará un fito nas páxinas da historia da nosa lingua no seu difícil proceso de hibridación dixital. Desde o mediodía de onte quedou operativo o dominio xerais.gal, o que tras case trinta e cinco […]

Onte 1046: Angrois no esquecemento

A ferida aberta hai un ano pola traxedia de Angrois na que morreron 80 persoas continúa aberta e tardará ben tempo en pecharse. Os actos celebrados onte en Compostela puxeron en evidencia os discursos existentes sobre o sucedido en Angrois, o conformista dos gobernos de Feijoo e Rajoy, e o inconformista das asociacións de vítimas […]

Onte 1045: Os «Contos do mar de Irlanda» en Bueu

Cheo histórico no salón de actos do Museo Massó de Bueu para asistir á presentación de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto organizada pola libraría Miranda. Máis dun cento de persoas vibramos durante unha hora cos relatos, coa música e coa emoción dun serán no que se viviu a épica dos mariñeiros galegos […]

Onte 1044: O consenso puntogal

Horas felices as de onte ao mediodía no acto da presentación do programa Pioneiros do dominio.gal. Dende o 25 de xullo, noventa e tres dominios de internet correspondentes a administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro e algunhas empresas darán a coñecer os seus servizos, produtos e información en lingua galega baixo o dominio diferencial […]

Onte 1043: Fogares palestinos

O primeiro obxectivo militar en Gaza son os fogares palestinos. Desde os acordos de Oslo de 1993, a  Declaración de Principios na que se pretendía deseñar un proceso de paz para Palestina, Israel destruíu máis de 12.000 fogares, o que explica o elevadísimo número de vítimas civís, só no ataque dos últimos días 583 persoas, […]

Teatro García Barbón

No artigo da semana en Faro de Vigo propoño que o edificio do Centro Cultural da caixa de aforros recupere os seus nomes tradicionais. Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na praza da Princesa, extramuros, inaugurou o rico comerciante Norberto Velázquez Moreno. Aquel Teatro de Vigo, gabado por Nicolás Taboada Leal […]