Entradas por bretemas

Onte 1403: O machismo mata

Catro vítimas do terrorismo machista na xornada de onte. Terrible. Un home matou a unha muller en Palma. Outro a marteladas a súa nai en Madrid. Outro as súas fillas de 4 e 9 anos en Moraña, como vinganza cara a súa compañeira da que estaba divorciado, para despois semellante milhomes pretender suicidarse. Renuncio a entender «razóns» […]

Onte 1401: Humillación lingüística

A humillación lingüística sufrida por unha nena de dez anos por falar galego no centro hípico Casas Novas durante un campamento de verán pon de manifesto as dificultades que deben superar aquelas familias que utilizan decote o galego como a súa lingua habitual. Neste entorno non académico, vulnéranse os dereitos lingüísticos dunha menor que nese contexto pode expresarse en […]

Onte 1400: Apego, que o seu nome sexa propio

Reparei onte por un chío da Coordinadora de ENDL no magnífico texto das recomendacións do programa Apego para axudar en tan importante decisión como é a de escoller nome dun fillo ou filla. Co agarimo e rigor co que está concibido todo este programa socioeducativo, dirixido ás familias que deciden que o galego teña un lugar nas […]

Leite galego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á situación do sector leiteiro. A crise do sector leiteiro constitúe unha ameaza para o mundo rural galego e para o futuro do sector agrogandeiro. Tras a liberalización da produción aprobada pola Unión Europea, que supuxo a desaparición das cotas lácteas, os prezos do leite derrubáronse, […]

Onte 1399: Máis «Galician Wave»

Jonathan Dunne persiste na súa teima de traducir e publicar en inglés dende a editorial Small Stations algúns dos mellores títulos da narrativa xuvenil en galego. Un proxecto singularmente difícil xa que na oferta editorial en inglés a porcentaxe de obras traducidas doutras linguas é moi baixa, xeralmente por baixo do 10 %, razón pola que […]

Onte 1398: Andrés Do Barro e a saudade

O relato biográfico é un dos xéneros que como lector máis me interesan. Hai días presentabamos a biografía de Faustino Rey Romero na que Ricardo Losada indagaba no franciscanismo para entender unha figura desconcertante do galeguismo antifranquista. Idéntico espírito esclarecedor atopei nas páxinas da excelente biografía que Fernando Fernández Rego acaba de publicar sobre Andrés Do Barro, unha […]

Onte 1397: 25X de unidade

Foi a de onte unha xornada importante para a unidade de todos os cidadáns e cidadás que, por riba das nosas diversas adscricións e preferencias e dende a nosa vontade individual, defendemos que Galicia é un suxeito político. A convocatoria foi un éxito polo apoio recibido e polo escaso peso da simboloxía de parte que se exhibiu nunha […]

Onte 1396: «A Cacería» de Amadeo López Cobas, premio cidade centenaria

Participamos onte no concello de Ribeira no acto de entrega da V edición do concurso de novela curta «cidade centenaria» do que resultou gañador a obra A cacería de Amadeo López Cobas. Consolídase así este certame de noveliña galega, do que xa resultaron gañadores Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e David Pobra. A Cacería é unha novela de […]