Entradas por bretemas

Onte 1422: Bento da Cruz

Finou onte no Porto o escritor Bento da Cruz, a quen tivemos a fortuna de coñecer cando publicamos en Xerais O lobo guerrilleiro (1996) e A Loba (2000), premio de novela Eixo Atlántico. É inevitable lembrar as súas visitas a Vigo, sobre todo aquela presentación memorable na Casa Galega da Cultura coa participación de Ferrín […]

Onte 1421: A derradeira de Resnais

Non saímos decepcionados de Aimer, boire et chanter, a derradeira película de Alain Resnais. Un film lixeiro, no que aos 91 anos homenaxea ao teatro para volver sobre os seus temas esenciais, o amor e a morte. Ademais do entretido enredo de tres parellas maiores e o seu misterioso amigo, abraia a interpretación xenial dos seis actores dunha película de rexistro teatral. […]

Onte 1420: Esperanza pola unión

Foi histórica a reunión de onte en Conxo na que se deron pasos decisivos no proceso de formación dunha candidatura que permita a formación dun grupo parlamentario galego soberano nas vindeiras Cortes. A bautizada como «Iniciativa pola Unión», dende sensibilidades políticas e ideolóxicas moi diversas, acordou traballar por unha candidatura galega sen exclusións de ningún […]

Onte 1418: Encontros cívicos

Nesta fin de semana celébranse dous encontros cívicos que poden ser esenciais para acadar unha candidatura de unidade galega para as eleccións Xerais que sexa capaz de constituír un grupo parlamentario de seu. O Encontro Cidadán por unha Marea Galega e o Banquete de Conxo 2.0 comparten o chamamento á unidade de acción e o inequívoco protagonismo cidadá, así […]

Onte 1417: Alto do Fiouco

Regresando de Santander pola A8, o paso polo temible Alto do Fiouco, entre o lusco e fusco posterior ao solpor, coincidiunos cun moi espeso neboeiro. A experiencia foi ameazadora, propia dunha película de medo para a que non sacamos entrada ningunha no despacho de billetes. A pesar do túnel de luz creado polos sinalamentos laterais e na propia vía, […]

Onte 1416: Galicia celta

No Pont Aven, o ferri bretón no que onte navegamos de Portsmouth a Santander, hai varias vitrinas dedicadas a pezas de Sargadelos e abondosa cartelaría das primeiras edicións do Festival de Lorient, a comezo dos anos setenta dedicado a Escocia, Irlanda e Bretaña. Pareceume unha excelente promoción de Sargadelos nun barco utilizado cada ano por milleiros de viaxeiros británicos. […]

Onte 1415: «Charlotte» de Foenkinos

Gocei coa lectura de Charlotte de David Foenkinos, a biografía sobre a xove pintora xudía gaseada en Auschwitz en 1943. O grande acerto do autor está na elección dunha narración minimalista, sen descricións nin acoutacións, construída con frases que non ocupan nunca máis dunha liña, na que se insire como unha segunda voz a do narrador para expresar o […]

Onte 1414: «Pontes co diaño» de Ignacio Castro

O filósofo compostelán Ignacio Castro recompilou en Pontes co diaño (Corsárias 2015) as súas entrevistas recentes, as que ofreceu entre a publicación de Votos de riqueza (2007) e as súas intervencións do pasado ano. O tema que enfía de forma transversal o libro é o da ruptura co moralismo do político, asumindo que o universal nace […]

O Vigo de Julio Camba

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á figura do xornalista Julio Camba, a raíz da publicación do libro Galicia (Fórcola 2015), no que Francisco Fuster recompilou medio cento dos seus artigos de temática galega. A publicación dunha antoloxía de artigos de Julio Camba de temática galega co título Galicia (Fórcola 2015), preparada […]