Poema de hoxe 167: “Ou Galicia, Galicia boi de palla” de Xoán Manuel Pintos
Ou, Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de ti o Gaiteiro! Xoán Manuel Pintos, A gaita galega (1853)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Poema de hoxe 167: “Ou Galicia, Galicia boi de palla” de Xoán Manuel Pintos/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Ou, Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de ti o Gaiteiro! Xoán Manuel Pintos, A gaita galega (1853)
Publicamos onte as bases dos Premios da Crítica Galicia que, despois de trinta e oito edicións, convocan por vez primeira unha modalidade de Cine e Artes Audiovisuais e outra de Iniciativas Culturais e Científicas. Dúas novas iniciativas que contribúen a visibilizar a cultura científica galega e o noso sector cinematográfico e audiovisual, cada vez máis […]
Aproveitando a mudanza de móbil, probei nos últimos días a facer transmisións con Periscope. Comprobei de primeira man algunhas das posibilidades desta utilidade de Twitter que con apenas un ano de vida conta xa con dez millóns de usuarias. Asociada á utilización de teléfonos e taboiíñas, Periscope ofrécese como un formidable sistema de streaming de peto, […]
Poema de hoxe 166: «Branca» de Eduardo R. Cunha «Tatán»/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Máis aló do horizonte a nube branca descende, baixa e sube, sube e baixa. Ten voz clara, alta e sincera e chove nas beirarrúas palabras de doce espera. Eduardo R. Cunha Tatán, «Branca» (2015)
Foi no Culturgal pasado cando Eduardo R. Cunha «Tatán», o veterano fundador de Tanxarina, presentou Chapeu, o seu primeiro disco como cantante en solitario, unha desas marabillas da inesgotable e sorprendente música galega que tanto nos prace. Unha ducia de cancións, a maior parte sobre poemas do choqueiro, outras tantas historias sobre o mundo da escena onde leva […]
Poema de hoxe 166: «Traguerán os camiños algún día» de Xosé María Díaz Castro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Traguerán os camiños algún día a xente que levaron… Xosé María Díaz Castro
Inesquecible foi a presentación no Porriño de Galería de saldos, o debut en Xerais Narrativa de Diego Giráldez. Na súa intervención a escritora Ledicia Costas situou este primeiro libro de Giráldez como «un deses bos libros que arrincan unha emoción de xeito natural, deses que mancan». «Diego non escribe, dispara», continuou, para salientar despois que «o gran […]
Poema de hoxe 165: «Andamos os camiños puros» de Ramón Otero Pedrayo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Andamos os camiños puros e os riscados polas nosas fantasías R. Otero Pedrayo
Poema de hoxe 164: «Pero o camiño farémolo» de Darío Xohán Cabana/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Pero o camiño farémolo e o sol terá de alumar; a meta será dos homes e o corazón será mar, terra, lume, berro e mar Darío Xohán Cabana
Nos últimos tres días andei os camiños do país de aquí para acolá apoiando varias presentacións e recepcións de premios de libros da editorial, nese labor imprescindible dos editores de contribuír a facer máis visibles as nosas novidades e catálogos. En todos estes actos percibín unha inequívoca intencón de actualización dos formatos dete tipo de […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
