Onte 1826: Un Celta irrecoñecible
Todas as derrotas doen. E doen moito máis cando o derrotado renuncia a ser o que é ou pretende ser. Iso sucedeulle onte a un irrecoñecible Celta diante do Deportivo Alavés, xustísimo finalista de Copa. Fracasou Berizzo cando deseñou unha estratexia para a eliminatoria inusualmente medrosa, prudente até lirismo, renunciando a identidade inconformista forxada neste campionato. […]

