Entradas por bretemas

Onte 1896: «Dunkerque»

As boas críticas que limos de Dunkerque leváronos ao cine coas mellores expectativas. Xaora, coa excepción do alegato propagandístico final, o film de Christopher Nolan é unha alfaia como relato cinematográfico. Unha prodixiosa viaxe narrativa simultánea capaz de somerxer ao espectador en tres puntos de vista, tempos e espazos distintos para contar a retirada do […]

Onte 1894: «Las cloacas de Interior»

Tras ver Las cloacas de Interior, dirixido por Jaume Roures, abraia que non tivese consecuencias políticas, cando a narración da trama revelada por Público demostra a utilización partidista do Ministerio do Interior no mandato de Jorge Fernández Díaz coa intención de prexudicar aos partidos catalanistas. Como abraia que, coa excepción de Gol, canal de TDT en […]

Onte 1892: Teresa González Costa presentou «Fred Quincalla» no Grove

Acompañamos onte a Teresa González Costa na presentación no Grove de Fred Quincalla, o nómade do mar, o seu libro infantil máis recente, ilustrado por Marina Seoane e publicado na colección Sopa de Libros de Xerais. Outro libro marabilloso da autora d’ A filla do ladrón de bicicletas, unha voz singularísima na literatura galega actual […]

Onte 1891: «Manchester by the Sea»

Quedáranos pendente Manchester by the Sea, a tan gabada película de Kenneth Lonergan. E a verdade é que non decepcionan as dúas horas longas deste drama de desoladora tristeza, que afonda sobre os límites da perda e da culpa. A sobriedade na utilización dos flashbacks, a austeridade das fermosas escenas na baía e, sobre todo, […]

A industria editorial galega: proceso de hibridación e perspectivas

[Texto base da intervención «A industria editorial galega: proceso de hibridación e perspectivas», lida no Consello da Cultura Galega o 20 de xuño de 2017 no marco das xornadas «A industria cultural galega no horizonte 2025»] Solicítanme os organizadores que faga un exercicio de prospectiva sobre o proceso de hibridación e as perspectivas da industria […]

Onte 1890: «Their Finest»

A directora dinamarquesa Lone Scherfig ofrece en Their Finest un melodrama localizado no Londres bombardeado polos nazis. Un film de impecable fasquía clásica onde todo está tan medido e equilibrado que cae no perigo de que a súa beleza sexa considerada insubstancial e escasamente singular. As interpretacións protagonistas son magnificas,sobre todo a de Gemma Aterton e a dun […]