[Suso de Toro, «Reacción antipedagóxica», »El País Galicia» 29-06-2012]
Onte 295: Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro
/en Beizóns, Iniciativas, Lingua, Onte, Poesía, Promoción do libro, Recurso_didáctico/por bretemasEntre as actividades do centenario de Celso Emilio Ferreiro unha das das que máis me gustaron foi a Campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro preparada polos meus amigos de Ouvirmos. A través do buzoneo masivo deste folleto, entre os veciños das rúas que levan o nome do poeta de Celanova, en 28 localidades galegas, achégase a posibilidade do coñecemento sobre os seus aspectos biográficos esenciais e sobre os contidos da súa obra. O obxectivo de achegar un coñecemento básico entre toda a veciñanza sobre quen é e que fixo a persoa coa que foi bautizada a rúa na que viven supón un exercicio de desenvolvemento de cidadanía e de recuperación de identidade e autoestima veciñal. Ademais, a utilización do recurso da fotonovela, dunha liña cronolóxica ou dos pasatempos engaden atractivo a un campaña de difusión da literatura e da lingua galegas entre os grandes públicos. Unha iniciativa que merece entusiastas parabéns.
[Andrew Wylie en «La Vanguardia» 28-06-2012]/en Axentes_literarios, Citas, Edición, Editores/por bretemas
Onte 294: Na Biblioteca Pública da Coruña
/en Bibliotecas, Celta de Vigo, Fútbol, Onte, Presentacións, Promoción do libro, Xerais/por bretemasNas últimas semanas presentamos en dúas ocasións libros nas Bibliotecas Públicas. Onte foi As rapazas de Xan de Manuel Inglesias Turnes na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, onde se vive unha intensa actividade de fomento da lectura. Chamoume moito a atención a exposición de libros e catelaría con motivo do ascenso do Deportivo, que entendín como un xeito de manter o diálogo permanente da biblioteca coas preocupacións e emocións da súa sociedade de lectores. Non puiden evitar fotografar os anuncios dos derbis («partidos da amizade») entre Coruña e Celta de 1960, excursións organizadas pola Peña Poucos per bos en auto-pullman de plástico que saía ás seis da mañá e regresaba, tras o partido, ás oito da tarde. Poucos espazos son máis axeitados, xunto ao da libraría cultural, para socializar e visibilizar as nosas novidades literarias. A Biblioteca Pública é o punto de encontro de todos os públicos lectores. Apostamos por colaborar coa s bibliotecas públicas.
Alarma! A caligrafía extínguese
/en Lectura, Literacidade, Recurso_didáctico, Tipografía/por bretemasO xornal alemán Bild publicou o pasado mércores a súa portada deste xeito para denunciar que a caligrafía está en vías de extinción. A reivindicación do texto manuscrito é fulcral no proceso de tránsito entre o paradigma analóxico e o dixital.
Un niño no xardín
/en Artes Visuais, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Música, Poesía, Vídeos, Xerais/por bretemasBooktrailer do libro de poemas de Xoán Neira ilustrado por Ánxeles Ferrer. A música orixinal é de Gabriel Prada e a montaxe de Gonzalo Lomba.
Onte 293: Premios Lois Peña Novo
/en Dicionarios, Galeguismo, Lingua, Onte, Premios, Xustiza/por bretemasO foxo do castelo de Soutomario foi o espazo de privilexio escollido para a cerimonia de entrega dos Premios Lois Peña Novo 2012. Os autores do Dicionario Xurídico Galego, editado por Xerais; o escritor e funcionario redondelán Gonzalo Amoedo López; e o Luís Villares Naveira, maxistrado da Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Pronvicial de Lugo foron os galardonados. Especialmente memorable e punxente resultou a intervención de Luís Villares defendendo a necesidade dunha acción xurídica positiva a prol da lingua galega e un traballo social eficaz para desmontar os prexuízos existentes sobre o seu uso en todos os ámbitos. Agardo que a Fundación Lois Peña Novo publique decontado os vídeos de todas as intervencións, moi valiosas, dun serán no que se defendeu con paixón e razón o emprego da lingua galega no eido da Xustiza e o consumo responsable dos produtos etiquetados en galego. Parabéns aos premiados e aos organizadores.
[Tim Parks en «The New York Review of Books»]/en Citas, Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías/por bretemas
Eu falarei
/en Beizóns, Lingua, Música, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasMoi interesante é esta experiencia da comunidade educativa do IES de Chapela que gravou o Lipdub «Eu falarei». Amosa, outra vez máis, o valor dos procesos colectivos e compartidos para superar os prexuízos lingüísticos. Unah peza moi recomendable.
Onte 292: Universo Dragal
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemasPresentamos en Cangas, nas instalacións de FECIMO, a última entrega da triloxía do «Universo Dragal». Toda unha proeza de Elena Gallego que en apenas dous anos publicou mil páxinas trepidantes cheas de sorpresas, segredos, poderes e alquimias enfiadas por unha trama engaiolante de realismo fantástico. Con todo, o máis interesante da triloxía é a iconografía de estripe nosa que recupera, amosando que Galicia, dende hai case un milleiro de anos, é un país de dragóns, gárgolas, grifóns, cocas, serpes ou tarascas. Un mito aínda vixente na nosa tradición oral popular que Elena encarna nun rapaz de instituto do século XXI. Eis a clave do éxito de tan valioso «Universo Dragal». Tres novelas de aventuras moi recomendables, non só para lectorado xuvenil.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.