Literatura Galega pola Paz
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións, Vigo, Xerais/por bretemas
A verdade que foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais. A guinda foi o extraordinario o concerto da Agrupación de Mestres da Escola de Música Tradicional do concello de Vigo. Grazas a todos polo apoio solidario e pola lembranza saudosa da figura do noso benquerido Suso Jares.Os murais do Faro
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Publicidade, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemasA Panificadora emite un S.O.S.
/en Arquitectura, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemas
No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.QE2, adeus
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasO futuro do transporte de ría
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre o futuro do transporte de ría de Vigo. O anuncio unilateral por parte de Mar de Ons da supresión dos servizos das fins de semana e dos festivos de Moaña abre unha crise na que debe intervir a Consellaría de Política Territorial para asegurar o futuro dun servizo estratéxico para a mobilidade na área metropolitana de Vigo.
Vigo, a cidade perdida
/en Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemas
Opaco montou este formidable álbum de Picassa no que se recollen duascentas fotos dos arquivos dos fotógrafos vigueses da memoria (Prosperi, Pacheco, Llanos, Magar). Unha fonte de memoria para a nosa cidade de sal. Beizóns.Síntomas de atraso
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Gastronomía, Vigo/por bretemas
No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as naves industriais sen licenza no concello de Vigo (destapadas tras o incendio do Gorxal) e a crise das vieiras, que interpreto como síntomas do atraso empresarial que aínda padecemos.
Outras interpretacións sobre estas cuestións, que me parecen moi interesantes, son as que fai Ánxel Vence («País de trapalleiros») na derradeira páxina do suplemento Estela de Faro de Vigo e Suso de Toro na edición de El País Galicia (desgraciadamente non aparece na web).
Vigo segundo Powerboat 1
/en Eventos, Lingua, Vigo/por bretemas
Segundo leo na web dos organizadores da proba do Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará en Vigo o vindeiro fin de semana, os idiomas que se falan en Vigo son o “Español” e o “Inglés ampliamente”. Mais esta parvada non é a única, xa que no texto de presentación de “Vigo Spain” (que recomenda a web institucional do concello nun banner), a única vez que se cita a palabra “Galicia” é para denominala “provincia”. Estas dúas boas meteduras de zoca –(como outras cuestionables recomendacións turísticas que se realizan para os visitantes, sexa dos museos ou dos restaurantes), que negan de cheo a existencia do idioma galego e reduce Galicia a unha mera provincia- non terían maior importancia (xa estamos afeitos a encaixar estas negacións da nosa identidade con humor), se non fose polo apoio entusiasta que a realización da proba lle proporciona a Tenencia de Alcaldía do concello vigués. Ben estaría que, polo menos, soubésemos cánto nos vai a custar ao peto de todos os vigueses esta competición organizada polo famoso produtor Mario Ubiaga! Incomprensible e anoxante que pretendan embobarnos con tanto glamour de tres pesetas!

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
A lámpada ilumina4 de Maio de 2026 - 7:22 p.m.
Bofill, o debuxante do Faro29 de Abril de 2026 - 7:40 p.m.
A edición literaria entre a precariedade e a resiliencia23 de Abril de 2026 - 7:01 a.m.
Festa do libro e da lectura23 de Abril de 2026 - 6:37 a.m.
A dignidade dunha derrota18 de Abril de 2026 - 9:02 a.m.












