Onte 1408: «Cómo aprendí a leer»
Agnès Desarthe reflexiona en Cómo aprendí a leer sobre as relacións entre lectura, tradución e escritura. Para esta escritora e tradutora francesa, a aprendizaxe da lectura é un proceso que se demora sempre ao longo de varias décadas. «A lectura é ao mesmo tempo o lugar da alteridade calmada e o da resolución nunca concluída do enigma que constitúe para cada un a súa propia historia.» Para ela a escritura é unha etapa necesaria na aprendizaxe da lectura, «un traballo de tradución no que o escritor confía á linguaxe o coidado de transmitirlle ao lector unha impresión que, de partida, non está feita de palabras». Entre a autobiografía e o ensaio, Desarthe ofrece un libro testemuñal da súa experiencia (sempre difícil) de lectora inacabada, en permanente formación, Xaora, entende que non hai non lectoras, senón persoas que aínda non atoparon o libro que lles permita acceder ao xardín da lectura literaria.