A Panificadora emite un S.O.S.
No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.
No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do transporte de ría de Vigo. O anuncio unilateral por parte de Mar de Ons da supresión dos servizos das fins de semana e dos festivos de Moaña abre unha crise na que debe intervir a Consellaría de Política Territorial para asegurar o futuro dun servizo estratéxico para a mobilidade na área metropolitana de Vigo.
No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.
No artigo da semana fágome eco da noticia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido a Agustín Fernández Paz. Creo que, despois de tantos anos a carón de Agus, é comprensible a miña enorme alegría, que sei comparte moita xente. Beizóns para el.
No artigo da semana, escrito ás presas na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de apertura da nosa edición cara ao exterior.
No artigo da semana fago unha semblanza, inevitablemente apresurada, do traballo literario de Ramiro Fonte.
Hoxe son numerosas as páxinas a el dedicadas nos xornais impresos e electrónicos e nos blogs (as nosas desculpas se non localizamos algunha que falta):
Foto: Paco Vilabarros.
No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d’ A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo no xerais blog… A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.
Actualización (06-10-2008): artigo de Xosé María Palmeiro, anotación de Bouzafría, condolencias da Coordinadora Galega de ONGD.
No artigo da semana ofrezo unha crónica da nova exposición de Victoria Diehl, «Frías, fráxiles e durmientes», encadrada en «PhotoGalicia 2008». A magnífica exposición pode verse na sede de Policarpo Sanz da Fundación Caixa Galicia de Vigo.
No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
