Entradas por bretemas

Onte 2049: «Eroski/Paraíso»

Emocioneime onte na presentación nos Multicines Norte de Eroski/Paraíso, esoutra proeza de Jorge Coira e Xesús Ron. Unha «comedia underground», como foi definida polo director chairego nas súas primeiras palabras, que afonda nas orixes do desarraigo e do alleamento da xeración nosa, a dos galegos e galegas que temos hoxe entre 5o e 65 anos. […]

Vigo e a Coruña son a mesma cidade

Carlos Punzón tivo a deferencia de publicar en La Voz de Galicia este perfil que moito agradezo polo xeneroso,  detallado e tan ben escrito. Como agradezo a foto de Xoan Carlos Gil nos redeiros, diante da miña casa, que tamén  moito me gustou, como que incluíse a que me fixera un fotógrado de feira co […]

Campo do Fragoso CCXXXII

INSUFICIENTE Tras a derrota en Leganés fronte ao pechacancelas e o empate co Mallorca en inferioridade numérica, o Celta liquidou as expectativas de rápida remontada xeradas pola chegada ao banco de Óscar García Junyent. As mudanzas que introduciu o adestrador catalán no patrón de xogo e a recuperación dalgúns xogadores como Pione Sisto e Olaza […]

Un nadal para o galego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a propór que os responsables municipais de Vigo recuperen o uso do galego como a súa lingua preferente: Entre a apoteose da inauguración da iluminación de Nadal do sábado, non me pasou desapercibida a utilización das linguas que fixo nas súas intervencións Abel Caballero. Non me […]

O banco dos contos

O meu artigo semanal en Faro de Vigo, que chega ao número 1.000, está dedicado ao Banco dos contos do Campo de Granada: Con motivo da presentación do meu libro, «Vigo, puro milagre» (Xerais 2019), no que escolmo setenta e cinco artigos de «Campo de Granada», que despois de vinte anos de publicación semanal ininterrompida […]