Entradas por bretemas

Estado de alarma

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao estado de alarma declarado pola pandemia COVID-19: O pasado xoves un rapaz de segundo de Primaria do cole de Cedeira preguntoume «se iamos morrer todos». Contesteille decontado cun «claro que non, non te preocupes, todo vai ir ben», mais non podo negar que a pregunta […]

Baladas da Galicia feminista

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á celebración do 8 de marzo: Despois de manter unha conversa de máis dunha hora por skype cos membros do club de lectura da Biblioteca Galega de Bos Aires tiña previsto escribir un Campo de Granada sobre a incerteza do prognóstico das eleccións galegas do 5 […]

Dona Ernestina, mestra

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo a reinvidicar a figura da pedagoga redondelá Ernestina Otero A mestra e pedagoga Ernestina Otero Sestelo é unha das nosas pioneiras que mellor expresaron o anceio de igualdade e liberdade da causa feminista. Nacida en Redondela en 1890 cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal […]

Campo do Fragoso CCXXXV

CELTA CON RESULTADO O Celta de Óscar García Junyent, xogando en inferioridade numérica dende o minuto vinte, obtivo onte en horario inglés un gran resultado, tres puntos de ouro noutra finalísima contra un dos seus rivais directos. Unha vitoria épica e fulcral na loita pola permanencia dun equipo máis competitivo e eficaz, alicerzado sobre un […]

Onte 2066: Café de redacción con João Soares

Continuamos onte as actividades da Fundación Luzes co Café de redacción con João Soares, o editor que foi presidente da Cámara de Lisboa, eurodeputado e ministro de Cultura do primeiro goberno de António Costa. Os xornalistas Xosé Manuel Pereiro, Valeria Pereiras e Daniel Domínguez conversaron durante máis de hora e media co político portugués sobre […]

Vigo metropolitano primeiro

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito do transporte metropolitano de Vigo A resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1, que admite a querela interposta polo concello de Redondela en 2018, cando era alcalde Javier Bas (PPdeG), solicitando que fose eliminado o requisito do empadronamento para poder obter a tarxeta […]

Cuerda e a escola das bolboretas

Souben esta mañán do pasamento do meu admirado José Luís Cuerda, un home cabal e un cineasta sensible e acedamente retranqueiro. Hai pouco mais dun ano dedicáballe un agarimo nestas brétemas a raíz de Tiempo después, o que será a derradeira liña dun catálogo selecto dunha ducia de películas. Coñecino hai quince anos nunha presentación […]