Entradas por bretemas

Luis Mateo Díez

Interesáronme estas reflexións que sobre a novela e o conto fai hoxe Luis Mateo Díez: El cuento perfecto sólo lo hacen los grandes, la novela corta, sin embargo, me permite acercarme a la perfección. La novela larga siempre conlleva la imperfección.

Externalización de fronteiras?

Preparando o artigo de mañá atopei informacións interesantes sobre a recondución dos emigrantes africanos ata a fronteira arxelina. Recomendo ver este testemuño e mais estoutro para comprender mellor o estado desta emerxencia humanitaria que require dunha acción inmediata.

Libro minusvalorado

Quen teña dúbidas sobre os efectos daniños que está provocando na valoración social do libro a ampliación do préstamo dos de texto, debe ler o que conta hoxe Falabarato. Efectivamente, algunha xente pensa que todos os libros deben ser de balde, mais aínda, cando supoñen que despois de lidos deben ir directamente ao colector. Para […]

"Los girasoles ciegos", Premio Nacional de Narrativa

A noticia non constitúe unha sorpresa. Para min foi este un dos mellores libros de narrativa que lin este ano. Alberto Méndez -un dos editores e fundadores da editorial Ciencia Nueva, unha das pechadas por Fraga cando era ministro de Información- xa fora recoñecido na primavera co Premio da Crítica. Méndez morreu o pasado mes […]

Rinoceronte editora

Grazas a un comentario que hoxe publicaron neste blo, sabemos do proxecto de Rinoceronte editora. O proxecto de Moisés R. Barcia, tradutor de Tolkien e antigo responsable do Cartafol, iniciará a súa andaina cunha tradución de Julian Barnes e con outras importantes novidades de literatura europea. Felizmente algo se está movendo no mundo editorial galego […]

E por que non, Gaarder?

Náufrago propón a Philip Roth, Jaureguizar a John Updike, e por que non, pensar en Jostein Gaarder? Este chavaliño (ten cara de rapaz) noruegués, que formalmente escribe para mozos e mozas, e aínda sen traducir ao galego, seméllame contar con méritos e escrita abondos para merecer o Nobel. É autor de obras marabillosas e irrepetibles, […]

Radio

Alguén pode dicirme como vai quedar o da Radio? Houbo algún trasacordo?Actualización (05-10-2005): efectivamente, segundo sabemos hoxe, houbo problemas coa xefatura de informativos.

Canteira da vida

No artigo da semana, a partir da experiencia do Sárdoma F.C., fago unha reflexión sobre a importancia formativa das escolas deportivas de base e a necesidade de que sexan apoiadas polos poderes públicos.Creo que a experiencia de montar pequenas bibliotecas de libro galego neste tipo de clubes deportivos podería ser ensaiada noutros eidos da nosa […]