II Feira proxecto-edición
Ten moi boa pinta o programa da IIª Feira do proxecto-edición. Clicando na imaxe pode lerse o programa. Etiquetas: Proxecto-edición
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Ten moi boa pinta o programa da IIª Feira do proxecto-edición. Clicando na imaxe pode lerse o programa. Etiquetas: Proxecto-edición
Despois de fallado o IIº Premio de Teatro Radiofónico, hoxe ultimamos a entrada en imprenta do libro e do cedé coas tres obras premiadas. A presentación está prevista para o 17 de abril no Teatro Principal de Pontevedra e a comercialización do libro cedé nas librarías para a derradeira semana de mes. Etiquetas: Radio_Galega
A sección do IBBY de Thailandia foi este ano a designada para preparar o texto e o cartel da xornada do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O autor do texto e do cartel foi Chakrabhan Posayakrit. Traducimos o texto, a partir da versión española de Laura Canteros (Imaginaria): “Os libros […]
O autor suízo Jürg Schubiger foi o gañador do Premio Andersen 2008 (o nobel da LIX), anunciado onte na Feira de Bologna. O pasado ano publicamos Así comezou todo, un libro que escribiu xunto co poeta Franz Hohler. Schubiger combina a actividade de escritor coa de psicoterapeuta en Zürich e Tessin. As súas primeiras historias […]
Estas son dúas grandes noticias para a nosa LIX e para o futuro da nosa lingua.Este centro do IBBY, ubicado na Cidade da Cultura, terá como principal obxectivo “o estudo, a difusión e a promoción dos libros para nenos e mozos procedentes das linguas e culturas minorizadas”. Será o segundo centro internacional que o IBBY […]
O INCRIBLE ROBERTOA pesar do empate co Sporting de Xixón –que volve chafar aos que manexaban esperanzas de que o Celta desputase o ascenso nas derradeiras xornadas– saímos satisfeitos da matinal de Balaídos. Despois de moitos meses de desfeita no xogo celeste, por fin vimos un equipo noso serio, intenso e disciplinado que buscou con […]
A asemblea anual de Nova Escola Galega, o noso movemento de renovación pedagóxica que este ano cumpre o seu vinte e cinco aniversario, denunciou onte que a Consellaría de Educación estea deixando en papel mollado o decreto de uso do galego como lingua vehicular no ensino non universitario. O pronunciamento seméllame oportunísimo, sobre todo, cando […]
No artigo da semana recupero un anaco das vidas das seis mulleres cuxos nomes identificarán seis novas rúas da cidade de Vigo. Unha rúa de Teis levará o nome de Ángela Iglesias Rebollar; dúas da zona da Travesía de Vigo os de Rosario Hernández Diéguez “A Calesa” e Carmen Miguel Agra; dúas do PERI de […]
Xa coñecemos o programa dos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/o8 que organiza en Sanxenxo a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación. Na primeira xornada, 3 de abril, xoves, haberá tres conferencias: ¡Canto vale? ¿Canto custa? ¿Para que serve? ¿É rendible? ou Como avaliar procesos e resultados na biblioteca escolar?, José […]
Magnífico o book trailer d’ O carteiro de Bagdad, o precioso libro de Marcos S. Calveiro. Parabéns a Edelvives pola iniciativa.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
