A revolución da tradución

Moi xeitosa a ampla reportaxe de Faro de Vigo sobre a actual “revolución da tradución” no mundo editorial galego e as dificultades dos tradutores e tradutoras. Algunhas das anécdotas que contan as tradutoras son magníficas. Quedo con esta prodixiosa que conta Marga Rodríguez Marcuño, a tradutora d’ O segundo sexo: “Recordo ese momento en que acabo a derradeira revisión do prólogo na madrugada do día 9 de xaneiro (de 2008), xusto 100 anos despois de ter nacido Simone. Ela nacera ás catro da mañá”. A iso podemos chamalo “providencia laica”.

9 comentarios
  1. Cirilo e Metodio
    Cirilo e Metodio Dice:

    O problema da tradución en Galicia é o intrusismo que hai: traduzo este libro porque me gusta e preséntollo a unha editora. Ou o que é peor: a publicidade comercial que varias editoras lle fan a tal obra dicindo que foi traducida por tal escritor. Polo xeral é moi, moi dificil ver un escritor galego que sexa bo tradutor… e aínda por riba quítalle traballo a xente formada e que vive disto.

    O segundo é a pouca profesionalidade do eido: se os tradutores esixesemos que as axudas á tradución non supoña a redución do noso salario coas editorias, mellor nos iría (xa saben do que falo: a axuda do 100% serve tamén para cubrir gastos de edición, chegando ao tradutor o 80% ou 70%)

    O terceiro: non comprender, por parte de moitos editores, que a tradución é unha ferramenta tan boa -ou incluso mellor- para potenciar as nosas letras. De pouco sirve ter a Rivas traducido ao alemán se a tradución se fai do castelán. Unha tradución dunha boa obra, ben feita, vale máis ca edición dunha novela feita por un escritor daqui e sen calidade.

    Rinoceronte demostrou que hai tradutores para case que todas a linguas de Europa en Galiza, só hai que andar na súa procura. É unha vergoña que ate o 2005 non houbese traducións ao galego do húngaro ou checo… ou o que é peor: fosen traducións do inglés/castelán/francés para abartar custes.

    O comentario de Marga Rodríguez no Faro é de risa: “O primeiro, e principal, non dispoñer dun dicionario blingüe francés-galego”

    Demostra o que sabe de tradución esta muller: hai excelentes diccionarios de francés castelán e francés portugués (coido que un galego con formación educativa media non ten problemas nin co portugués nin co castelán). Mellor é ter bos correctores que fagan un traballo profesional, bo e ben remunerado para que a tradución vala o que se mereza.

  2. Xeromo
    Xeromo Dice:

    Por certo, sr. Bragado, e atendendo ao comentario sobre tradución: que ten que dicir sobre o asunto Reimóndez vs. Rinoceronte? Xerais ten algo de implicación nese “escuro” asunto (un encargo de tradución ou unha tradución aceptada sen ter os dereitos para a súa publicación…) que non deixa en moi bo lugar á súa editora no tocante á tradución (a non ser que a política de tradución de Xerais sexa ter títulos que vendan, con ou sen calidade, con ou sen política de tradución ordenada e meditada, publicando un mínimos anuais para “encher” o catalogo)?

  3. peixiños con espiñas
    peixiños con espiñas Dice:

    O negocio non debe ir mal: hai un ruxe-ruxe de que nos próximos meses aparece unha nova editorial especializada en tradución, tipo Rinoceronte, en Vigo… alguén sabe do tema?

  4. Cesare
    Cesare Dice:

    Tan prezado Cirilo coma Metodio: cada vez que alguén me fala de intrusismo, póñenseme os pelos como escarpias.

    Os tradutores, como por outra parte os correctores, os profesores e so on, teiman en que os seus estudos de catro anos, realizados nas cafeterías e daquela maneira, son patente de corso e exclusividade, como unha colexiación médica. Se os tradutores “colexiados” marcasen de verdade a diferenza, todas as editoriais escollerán unicamente tradutores colexiados. Pero témome que non é así. O problema das traducións non é o intrusismo, senón a calidade, e iso afecta a profesionais e a afeccionados.

  5. Cesare
    Cesare Dice:

    Inda diría máis, como repetirían eses inexplicábeis Fernández e Hernández (Daponte e Dafonte): xa eramos poucos a chorar no rollito literario, pra que cheguen os tradutores tamén. E do que choramos os lectores, que?, ninguén se lembra?

  6. Wyclif
    Wyclif Dice:

    Señor Cesare,

    igual dende Escocia non se decate de que non hai colexio de tradutores de Galcia.

    Infórmese e logo o opine. Algúns non vivimos de traballos remunerados con axudas públicas.

    Ademais, o exemplo que pón de Hergé é moi bo… dunha tradución mal feita (Hernández e Fernández coma en castelán).

    E se vostede realizou os seus estudos nunha cafeta, pois non pense que os demais tamén así o fixemos.

  7. Cesare
    Cesare Dice:

    lol lol lol… non quero comezar unha agre polémica con vostede agora, en poleiro alleo, porque intúo que lle teño moito aprezo. Só puntualizo:
    — ben sei que non hai colexio de tradutores. E menos mal!
    — creo que estou bastante informado sobre o tema da tradución.
    — o exemplo, obviamente, non foi casual, pero quizais houbese máis razóns nese Hernández e Fernández cás puramente lingüísticas.
    — e vostede cre que por non estudar nunha cafeta ten máis mérito?

    Ai, bendito corporativismo…

  8. Anonymouse
    Anonymouse Dice:

    Hehe, o problema da tradución (en galego e en moitas outras linguas) é precisamente que demasiada xente cre “estar ben informada sobre o tema da tradución”.

Los comentarios están desactivados.