Entradas por bretemas

Bookopoly

Pode adquirise en Amazon por 24,90 $.Vía: Livro e afins. Mais o que si está en galego na rede é o scrabble.gz.

Xosé Carlos Sierra Rodríguez, novo secretario xeral da Consellaria de Cultura

A menos de cinco meses de rematar a lexislatura, hoxe foi cesado como secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte Carlos Alberto Amoedo Souto e nomeado para este cargo Xosé Carlos Sierra Rodríguez, até hoxe delegado da mesma consellaría en Ourense. Fóra dalgunhas especulacións e das asépticas informacións de GZ, EFE, ANT e culturagalega.org, […]

«Diario Cultural», magnífico blog

Magnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.

Obama: esperanza

Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses […]

Homenaxe a Marcos Valcárcel

Unha comisión organizadora, radicada en Ourense, está a preparar unha merecidísima cea homenaxe ao noso amigo Marcos Valcárcel, que se celebrará o sábado 29 de novembro, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel de Ourense. Con anterioridade, o mesmo día, ás 19:00 horas realizarase nas instalacións do Liceo de Ourense, a presentación do seu libro […]

Os Soprano

Jaureguízar revela hoxe un dos nosos segredos: a paixón que comparto con Agustín polos Soprano. Nos últimos meses papei as seis tempadas completas e os oito derradeiros capítulos con auténtica devoción. Algúns capítulos son memorables. Un modelo de narración moi sutil. Recoméndoos, a pesar do seu carácter aditivo.

Campo do Fragoso LXVI

O CELTA MÁIS GALEGOAo Celta abondoulle unha magnífica primeira parte para vencer con claridade ao Salamanca, o actual líder deste frouxísimo campionato de segunda división, consolidando paseniño a súa remontada na táboa clasificatoria e a súa serie de nove partidos oficiais sen coñecer a derrota. Unha boa noticia. Arrincou este Celta, o máis galego que […]