Idus de marzo
No artigo da semana reflexiono sobre a coincidencia elecoral provocada polo lehendakari.Ao texto acáelle coma anel a magnífica viñeta do amigo Kiko Dasilva publicada onte en La Voz de Galicia. Grazas.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
No artigo da semana reflexiono sobre a coincidencia elecoral provocada polo lehendakari.Ao texto acáelle coma anel a magnífica viñeta do amigo Kiko Dasilva publicada onte en La Voz de Galicia. Grazas.
Hoxe estas brétemas chegan os seu cuarto aniversario. Dende aquela primeira anotación, levamos 2.240 (513 neste cuarto ano), decrecendo un chisco o noso ritmo de publicación Ben é certo que desde o pasado mes de abril, desdobramos a nosa voz coa creación do blog de Xerais, razón pola que estas brétemas abandonaron case completamente o […]
This Is Where We Live from 4th Estate on Vimeo. Unha cidade de libros. Precioso vídeo promocional con motivo do 25 aniversario de 4th Estate Publishers. Grazas, Dorfun.
Aproveitei os tempos mortos destes días de festa lendo Un hombre afortunado de John Berger. Asombra a modernidade da prosa e da estrutura deste libro, publicado hai máis de corenta anos e traducido agora ao español. En 1966, Berger e o seu amigo, o fotógrafo Jean Mohr, conviviron durante un tempo con John Sassal, un […]
Que haxa moito vento nas velas para 2009!Con todos os abrazos e beizóns. [A miña inevitable homenaxe de fin de ano a Oasis e unha rareza simpática]
Afortunadamente son múltiples as iniciativas que dende a rede se están promovendo para denunciar o masacre de Gaza que continúa realizando o goberno de Israel e expresar a solidariedade co pobo palestino. Adherímonos ao manifesto do anel solidario de blogs, ao de AVAAZ, ás iniciativas Ilumina Gaza e a de Amnistía Internacional. Recomendamos visitar espazos […]
Moito recomendo a lectura da carta que Khalil, habitante da Faixa de Gaza, envía ao seu amigo Moncho Iglesias e que publica hoxe Vieiros xunto cuns vídeos gravados dende a súa casa. Documentos de interese para saber o que realmente está sucedendo alí.
Gustoume esta información de EFE, lembrando o noventa aniversario de J.D. Salinger. Como editor galego d’ O vixía no centeo podo acreditar que non é ningunha lenda urbana que cando renovamos o contrato, cada cinco anos, nos comprometemos a que nas edicións que fagamos non incluiremos paratextos ningúns sobre o autor nin sobre a obra. […]
Mentres as bombas continúan caendo sobre Gaza, probablemente antes de que remate o ano, a infantaría xudía ocupará este territorio de 365 km2, pouco máis de tres veces o da cidade de Vigo, no que tras un duro bloqueo, imposto polo estado de Israel dende hai dezasete meses, malviven millón e medio de persoas con […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
