«Palabras maiores», libros electrónicos de Carmen Balcells

Esta anotación de onte de José Antonio Millán non pode pasar desapercibida. Carmen Balcells, a gran axente catalana, promove «Palabras maiores», unha colección de libros electrónicos dalgúns autores que xestiona a axencia, editados por Leer-e, unha empresa navarra que ata agora se dedicada só á distribución de e-books. Cada un dos títulos (o catálogo total recolle máis de seiscentas referencias) pode descargarse por prezos sempre inferiores aos cinco euros. Ademais de poder descargarse dende a rede, o sistema de venda de Leer-e contempla a implicación, polo momento, de 18 librarías. «Palabras maiores» é unha experiencia de distribución de libro electrónico en España chamada a converterse en referente (para emular, mellorar, modificar…).

7 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    En cinco anos, cinco, acabouse a industria editorial, que non os contos e as novelas. Como rematou a industria discográfica e non a música, como finou a industria do porno pero se segue a foder.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Ao menos, o libro de consulta si está caput.
    E o de texto.

    Nalgúns colexios fineses estase a probar un lector electrónico específico, un dispositivo único onde collen todos os libros de texto e o material de consulta que precisa un rapaz ou rapaza en toda a súa vida de estudante.

    Segundo o artigo de Carlos Callón en Galicia Hoxe da semana pasada que vostede gabou: “É abrumadora a dependencia -do sector editorial galego- do sistema educativo, tanto no período de compra (as vendas en Galiza dispáranse a comezos do curso) como no seu peso, que é case o 50% do total, sen contarmos a literatura infantil e xuvenil recomendada”.

    Se as dúas premisas son certas, faga vostede o siloxismo.

  3. Octavio Aceves
    Octavio Aceves Dice:

    Por unha banda, os amantes do libro en papel aínda somos moitos, pero cercanos á madurez, iso si; hai que achegarse a xeracións novas (que non novas xeracións, eses non len) para atopar maiorías que lean comodamente en pantallas.

    Por outra, creo que a ninguén obrigan a mercar música determinada. Si, pola contra, a mercar libros determinados cando estudia ou os fillos estudian. Ademáis existe dunha maneira moito máis clara no ámbito docente que na música o concepto de “autoridade”. Así que o proceso será por forza máis lento. Que acabe sucedendo é moi posible, pero establecer prazos concretos é digno de sabelotodos coma min.

    Como terceiro aporte para un razoamento predictivo distinto podemos dicir que o 80% dos señores que se dedican ó mercado do libro en Galicia e en galego son tamén persoas do ámbito docente, con todo o bo e o malo que supón.

    ¿Segue mantendo, compañeira Lola, o dos cinco anos? ¿Apostamos un 905?

Los comentarios están desactivados.