Entradas por bretemas

Xerais, Herta Müller e o Nobel

Falaba cun xornalista cando souben da concesión do Nobel a Herta Müller, a escritora romanesa de lingua alemá. Pensei que era unha brincadeira e díxenlle tan farruco que non me soaba de nada. A verdade é que axiña me decatei que se trataba da autora d’ O home é un grande faisán no mundo, obra […]

Esperanza, Río 2016

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SUiSjSqhpFA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A elección do Río de Janeiro como cidade organizadora dos Xogos Olímpicos de 2016 é a vitoria dunha cidade fermosa onde vive tanta e tanta xente feliz con lágrimas. O pobo brasileiro nunca perdeu a esperanza e non desiste, a pesar das enormes dificultades, nese complexo e dificilísimo proceso […]

Campo do Fragoso LXXXI

CAMIÑO BRETEMOSO A clara derrota fronte ao Hércules profundiza a crise do Celta e agoira que esta será outra tempada na que, como nas dúas anteriores, percorreremos un camiño bretemoso, cheo de dificultades, co perigo constante de perder a categoría diante dos nosos fuciños. Tras quince puntos desputados, os dous empates acadados polos celestes son […]

Ás voltas coas dotacións

No artigo da semana volvo sobre dúas cuestións viguesas que me preocupan, a ubicación da Biblioteca Pública do estado e a apertura do Centro de Emerxencia Social no edificio da Gota de Leite. É lamentable que o PXOM, aprobado recentemente, non resolvese as ubicacións de edificios dotacionais sociais e culturais. Foto: Atlántico.

Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro

Este serán, agardando polo vitrasa para volver do chollo, sorprendeume a publicidade da traseira do bus dos Caños: «Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro». A bonita iniciativa marqueteira, que tamén de promoción lectora, corresponde a Óptica Studio, unha cadea de ópticas nacida en Cangas hai trinta anos e na que nunca reparara. Esta oferta […]