Entradas por bretemas

Fáltanos megafonía

Remata hoxe a Feira do Libro de Compostela e facemos un balance xeral positivo. A pesar da chuvia, do frío e das ventadas, a pesar dos problemas endémicos de megafonía (que fallou constantemente ou o funcionou moi malamente nos actos de presentacións), a feira mellorou moito con respecto a edicións anteriores. Houbo moita xente na […]

Emoción e correspondencia

Recibida esta beizón por parte de tres blogs amigos (Ferradura en tránsito, Desvelando as mentiras de Feijóo e Por un BNG de futuro e con futuro), a pesar de que non son moi amigo de participar nestas cadeas, procedo a cumprir senllas encomendas que en nós se delega. – Os elixidos teñen que incrustar a […]

«A intervención» de Teresa Moure

Este serán (ás 20:00 horas) acompañaremos a Teresa Moure na presentación da súa novela máis recente A intervención. Teresa volve aos andeis das librarías, tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, cunha novela na que aborda as relacións entre as artes […]

Vigo e a nova Gallaecia

No artigo da semana reflexiono sobre o papel estratéxico que entendo debe adoptar Vigo tras o novo escenario da reconversión das caixas. O Vigo metropolitano debe asumir un liderado que dependerá tanto do comportamento dos tres grandes motores da nosa economía metropolitana (automoción, construción naval e actividade portuaria) como da capacidade política de artellar un […]

«Argumento» de Paulinho da Viola

Tá legal Tá legal, eu aceito o argumento Mas não me altere o samba tanto assim Olha que a rapaziada está sentindo a falta De um cavaco, de um pandeiro ou de um tamborim Sem preconceito ou mania de passado Sem querer ficar do lado de quem não quer navegar Faça como um velho marinheiro […]

Locutorio Khewal

O locutorio Khewal estivo na rúa Elduayen, fronte as escaleiras que dan acceso á Ferrería. A comezos do ano 2000 foi o primeiro que se montou en Vigo para inmigrantes. Un local pequeno, apenas vinte metros cadrados, no recanto onde noutrora estiveran ubicadas, nun quiosco modernista, «Mi bebé», «La Rosa de Oro» (unha mercería moi […]

«Metamorfosis de la lectura», ensaio esencial de Román Gubern

No proceso de tránsito entre o paradigma analóxico e dixital da comunicación cultural que estamos vivindo son moi necesarias as reflexións sobre o devir do propio proceso. Á abondosa bibliografía sobre a cuestión engádese Metamorfosis de la lectura, un ensaio esencial de Roman Gubern sobre a prolongada evolución textual protagonizada pola humanidade ao longo da […]