Vigo e a nova Gallaecia

No artigo da semana reflexiono sobre o papel estratéxico que entendo debe adoptar Vigo tras o novo escenario da reconversión das caixas. O Vigo metropolitano debe asumir un liderado que dependerá tanto do comportamento dos tres grandes motores da nosa economía metropolitana (automoción, construción naval e actividade portuaria) como da capacidade política de artellar un novo modelo de administración territorial baseado na creación dunha área metropolitana que funcione como centro equilibrador desa eurorrexión Galicia e Norte de Portugal de sete millóns de habitantes (o 12% de toda a península ibérica).

3 comentarios
  1. W. Sobchak
    W. Sobchak Dice:

    Estaría caralludo
    Pero para iso Vigo tería que retomar a conciencia de ser a grande urbe galega. E polo momento apostou decididamente por ser unha cidade provinciana española ( e de segundas)
    E falo desde a experiencia de levar uns meses aquí vivindo ( e xa recorrin case todo o país) e flipar co desleigamento colectivo que impera

  2. xos
    xos Dice:

    Unha clave importante é a necesaria aparición dun transporte público de calidade, nomeadamente ferroviario de cercanías e tipo metro lixeiro. Algo non que andamos moi atrasados.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Maio 3, 2010 por pepe O Vigo metropolitano debe asumir un liderado que dependerá tanto do comportamento dos tres grandes motores da nosa economía metropolitana (automoción, construción naval e actividade portuaria) como da capacidade política de artellar un novo modelo de administración territorial baseado na creación dunha área metropolitana que funcione como centro equilibrador desa eurorrexión Galicia e Norte de Portugal de sete millóns de habitantes (o 12% de toda a península ibérica).(Manuel Bragado in Brétemas) […]

Los comentarios están desactivados.