Entradas por bretemas

O pregón de Joan Margarit

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rCSuwNVXR0Y” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Recomendo moi vivamente a lectura devagariño do pregón que o poeta Joan Margarit pronunciou o pasado 23 de setembro  con motivo das Festas da Mercé. O poeta salienta algunhas reflexións moi atinadas arredor das linguas: «Un cop la vida es desenvolupa al voltant d’una llengua necessitem veure-la respectada a […]

Recordando a Ana Kiro

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TMoTfPdeOhI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Son sincero, no meu Itunes teño máis de catro mil cancións, das cales case novecentas son de música galega, e entre elas non hai ningunha de Ana Kiro. Porén, que musicalmente non me interesara nunca non quere dicir que esta muller afouta na defensa da cultura de noso, insignia […]

Kindle versus Ipad

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/HGmRKSds9OY” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Aínda que é un anuncio de Amazon, achega moi ben as diferencias entre os libros electrónicos de tinta dixital (como Kindle) das taboíñas electrónicas (como o fermoso e atractivo Ipad). O futuro do libro electrónico dirímese entre estes dous tipos de soportes, sen esquecer a influencia que sobre o […]

54%

A polémica sobre a supresión das axudas públicas ao funcionamento do Noitebús ou o peche de determinados comedores escolares é unha manobra de engano para agochar a máis crúa realidade: a Xunta de Galicia en 2011 rebaixará todas as aplicacións orzamentarias de todos os seus departamentos deica o 54% (a conselleira de Facenda dixit). A […]

A UNED no Casco Vello

No artigo da semana reflexiono sobre a polémica suscitada arredor da creación dunha aula da UNED no Casco Vello vigués. Insisto na necesidade de acometer unha nova organización territorial superadora de localismos e privilexios decimonónicos. Nese novo modelo, as cidades de Vigo e Pontevedra deberían funcionar como senllos polos urbanos complementarios e hipercomunicados dunha rexión […]

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, o segundo capítulo

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Estou convencido que estamos diante dunha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega. Dará moito […]

A edición galega participa no lanzamento mundial de «Reckless» de Cornelia Funke

O día 14 de setembro foi o día elixido por Cornelia Funke para a aparición simultánea da edición orixinal en alemán de Reckless. Carne de pedra e das súas traducións ao galego, ao inglés, ao francés, ao castelán, ao catalán e a outras linguas (até unha ducia) que comparten un lanzamento mundial de máis dun […]