Entradas por bretemas

Guardiola e o fomento da lectura

No artigo da semana, ao fío da entrega do premio Atlántida a Josep Guardiola e a celebración esta semana do Simposio da AGE, volvo sobre a necesidade de repensar as políticas de fomento da lectura. A pasada semana representei aos editores galegos en “La nit de l’edició”, a cita na que o Gremio de Editores […]

«Todo é silencio», o booktrailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/hza4zvhKPz4″ width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de promoción da novela Todo é silencio de Manuel Rivas, editada orixinalmente en lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez. A música e a interpretación é de Lara Domínguez.

Campo do Fragoso XCVI

O CELTA NON CEDE Unha hora e cuarto de xogo case marabilloso non lle abondou ao Celta para dobregar ao Betis, o actual líder. Os de Paco Herrera realizaron un gran partido, impoñendo un ritmo moi intenso de ataque e unha disciplina nas axudas defensivas que lles proporcionou unha clara superioridade en todos os terreos […]

Cafés da memoria

No artigo da semana recupero os cafés da memoria vigueses, ao fío da publicación do libro de Albino Mayo Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921–1968. (Galaxia 2010). Albino Mallo acaba de publicar Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968 (Galaxia 2010), un libro indispensable para a nosa memoria […]

Herminio Barreiro: «Refundar a educación para refundar a esquerda»

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/wI7i4U1933k” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Herminio Barreiro na súa derradeira intervención política, en Santiago o o 5 de xuño de 2010, no acto de «Refundando a Esquerda», leu un texto titulado «Refundar a educación para refundar á esquerda», que hoxe recomendamos moi vivamente. Un documento político e pedagóxico extraordinario que nos deixa o grande […]

Morreu o mestre Herminio Barreiro

Un impacto tremendo produciunos a noticia do pasamento do mestre Herminio Barreiro. Perdemos a un dos intelectuais máis potentes que coñecimos ao longo da nosa vida. O primeiro mestre dunha xeración de pedagogos e educadores nos que el forxou os valores da educación republicana: a igualdade, a liberdade de pensamento, o esforzo solidario. Comunicounos a […]

Yu Ming is ainm dom

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/qA0a62wmd1A” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Recoméndáronmo esta mañá. Dá que pensar sobre o futuro que nos agarda.

Vigo, na serie «Cidades para o século XXI»

Desque comecei a fedellar na mediateca de RTVE non paro de atopar alí cousas interesantes. Eis o programa dedicado a Vigo (27 minutos) da serie Cidades para o século XXI. A emisión foi recente, apenas do pasado mes de marzo. No documental, algúns (bastantes) tópicos, mestúranse con imaxes abondo curiosas (sobre todo as aéreas). O […]