Ala
Gustoume moito este anuncio.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Gustoume moito este anuncio.
«A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes» («Smart people use smart libraries») é o lema da Semana da Biblioteca organizada en Irlanda do 7 ao 13 de marzo. Actos, lecturas, exposicións que mobilizan a toda a rede bibliotecaria. Unha boa iniciativa para emular en Galicia. Vía Trafegando ronseis.
ATOADO Un Celta atoado perdeu diante do Huesca, un equipo moi barulleiro que aproveitou o despiste que no minuto dous cometeu un desafortunado Falcón, tras un remate de Roberto ao pao. Dende entón, os oscenses defenderon o valioso caroliño pechando os espazos aos nosos con doses elevadas de anticipación, moita paciencia, leña abonda e, cando […]
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán […]
Os amigos e amigas de Radiofusión tiveron a xenerosidade de ofrecerme a posibilidade de comentar cinco das cancións que me gustan. Emitirán unha cada día laborable da vindeira semana (a de entroido). Esa foi a miña escolma (tan difícil): «No woman no cry», versión de Jonathan Butler. «Que tinguen sort», Lluis Llach (memorable a versión […]
Interesante recurso didáctico.
No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da apertura da páxina Sons de Vigo, reflexiono sobre a importancia da conservación do Patrimonio Sonoro medioambiental. Cada tempo ten os seus sons característicos. Cada lugar, aldea, barrio ou cidade posúe, tamén, unha identidade acústica, a creada polos sons do entorno, tanto os naturais como […]
O mes de marzo nas librarías galegas, Resurrección de Lea Tobery.
Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen. Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo […]
Non imos criticar a iniciativa da Consellaría de Traballo e da Confederación de Empresarios de Galicia de que «Flores en la carretera» do grupo ribeirense Jabon Blue sexa a canción coa que pechen bares e discotecas de Galicia. Promover hábitos saudables entre a mocidade, como o da condución responsable, e loitar contra a sinistrabilidade do […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
