Entradas por bretemas

Onte 5: Agustín premio iberoamericano

Moito agradezo recibir noticias tan boas como a concesión do Premio Iberoamericano SM a unha traxectoria infantil e xuvenil a Agustín Fernández Paz. A súa ollada crítica sobre o mundo contemporáneo é dunha extraña lucidez; como a súa escrita clara é froito dunha teimosa procura de textos que para o lector ou a lectora flúan […]

Campo do Fragoso CXI

ESTRUTURA Non coñezo ningún equipo de fútbol capaz de obter bos resultados que non contase cun porteiro e dous defensas centrais solventes. Sobre esa trepia, non fai falta que sexan tres figuras, dispóñense o resto dos elementos que sosteñen a estratexia dun equipo gañador; xa que da fiabilidade desa estrutura depende, en moi boa medida, […]

Peinador

No artigo da semana en Faro de Vigo recupero un anaco da historia do aeroporto de Peinador, ao fío da súa crise actual. Peinador foi construído, literalmente, pinga a pinga polos vigueses, co esforzo dos nosos avós e dos nosos pais. Non é lenda urbana ningunha. Foi unha angueira de vinte e cinco anos, iniciada […]

Onte 4: décimo aniversario do 11M

A omnipresenza nos medios e na rede do décimo aniversario do 11-S activa, inevitablemente, as lembranzas de como coñecimos a noticia e como vivimos aquelas horas. A memoria permítenos traducir a historia en primeira persoa, impregnándoa con todas as nosas emocións e subxectividades. Vivencias que transformamos en testemuñas que serven para verbalizar e darlle coherencia […]

Onte 3: mazás de louriñales

Camiño de Camos na procura dun surtido de lambonadas, avoa Concha lembrou que estamos en tempo de marmelos e marmeladas. Cando debullaba con entusiasmo o relato de como nesta época apañaban mazás no regueiro tan vizoso de Reboreda, saltou a sorpresa, «eran “mazás de louriñales”». No meu acervo de neofalante a presenza dun sintagma descoñecido […]

Onte 2: non somos inocentes

Non é doado manter a serenidade despois de recibir unha puñada na boca do estómago. Sentindo aínda os efectos desa dor e botando man dos folgos de reserva, atendín durante a mañán aos dous medios que se interesaron polos efectos dunha medida dirixida de forma virulenta e inequívoca ao que foi durante dúas decadas –e […]

Onte 1: pensamento sincrético

No avión da noite, o picariño da fila de atrás retransmitiunos a viaxe coa precisión dun ciruxián. Mentres discurseaba sen descanso coa súa nai sobre as posibilidades de poder identificar o curuto da súa casa cando estivésemos sobre Ribadavia, eu relía un chisco distraído un orixinal, un minucioso relato da viaxe dos tres magos de […]

Porto e Concello

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a nova fase que se abre nas relacións Porto de Vigo e Concello, a raíz do fallo do Xulgado Contencioso sobre a paralización das obras das naves de redeiros do Berbés. Para algúns comentaristas é un lugar común afirmar que Vigo ten tres alcaldes: o […]

A retirada de Fraga

O anuncio da retirada de Manuel Fraga da política activa coincidíu co día no que se rompeu o consenso constitucional. Seguro que a escolla non foi inocente nin quedou ao chou por quen leva seis décadas xestionando de forma obsesiva o seu particular xeito de pasar á historia. Quen foi ministro de Franco e presidente […]

Quédalle marxe ao BNG?

Se o descontento cidadán da ruptura do consenso constitucional non o evita, é moi posible que tras as vindeiras eleccións do 20-N o BNG perda unha parte ou a totalidade da súa representación no Congreso dos Deputados. O anuncio do continuísmo dos cabezas de lista, o adiamento da Asemblea Nacional até xaneiro de 2012 e, […]