Quédalle marxe ao BNG?

Se o descontento cidadán da ruptura do consenso constitucional non o evita, é moi posible que tras as vindeiras eleccións do 20-N o BNG perda unha parte ou a totalidade da súa representación no Congreso dos Deputados. O anuncio do continuísmo dos cabezas de lista, o adiamento da Asemblea Nacional até xaneiro de 2012 e, sobre todo, a incapacidade de dar unha resposta política ao manifesto dos 18 alcaldes, que reclamaban a actualización do discurso do Bloque, amosa a espera resignada da dirección nacionalista por un novo fracaso electoral, outro máis, que de producirse situaría o seu proxecto político xa no precipicio da irrelevancia.

Tantos os resultados das Xerais de 2008, como o das autonómicas e municipais recentes, como as tendencias que expresan cada unha das súas series estatísticas, aconsellarían unha enérxica iniciativa política capaz de taponar a hemorraxia do desencantado e resignado voto galeguista. Porén, mal que nos pese, dentro do BNG gañou o partido conformista, o dos que prefiren poñerse a cuberto nestes tempos de intemperie. Nos dous últimos anos, tras a última Asemblea Nacional, coas honrosas excepcións dos proxectos desenvolvidos nalgúns concellos (Carballo, Tomiño ou Teo, por citar os máis destacados), non enxergamos apenas actualización da proposta programática, a pesar de que neste tempo reinou de forma obscena o pensamento neoliberal dos mercados, asumido como novo karma polos socialistas en claro retroceso, e comezou o proceso de recentralización do estado promovido pola FAES e executado en Galicia por Feijóo. Tampouco identificamos un atractivo renovado dos carteis electorais nacionalistas e nin sequera unha mudanza significativa nas formas de comunicación e empatía coa cidadanía.

Quedaron electoralmente agotados os proxectos nacionalistas, xerados nas tres últimas décadas arredor do BNG e de Esquerda Galega, que pretendían acadar a hexemonía na sociedade galega? Quédalle marxe ao actual BNG para evitar a súa marxinalización?

8 comentarios
  1. xOsse dorrío
    xOsse dorrío Dice:

    18 alcaldes = 18 militantes, namais.

    Tamén dicir que chamar “manifesto” a un documento que non achega nada, que non achega pronunciamento político algún, que non alberga posicionamento político algún, que non fala dos problemas que nos atnxen a cidadanía, senón a unha parte moi concreta que ni abarca a totalidade do bng, que está cerrado á cidadanía (e militantes),… enfín! Paréceme atrevido… ou iso ou moito se devaluou a palabra “manifesto” -que tamén- ou iso non pasa dun mero panfleto autopromocional, o máis probable, que é o máis triste.

    Responder
  2. xos
    xos Dice:

    Se finalmente o independentismo catalá de partido se une para as xerais, (por necesidade, están mal), CIU sube aínda máis de deputados no Congreso, o PNV mantense firme (iso parece), o nacionalismo canario se presenta unido (noticia de hoxe), o ex presidente de Cantabria saca algún deputado co seu grupo rexionalista (digo eu que é probable, pero non sei), o de Cascos en Asturias tamén o consegue, se Bildu entra con forza, e se UPN e Nafarroa Bai se manteñen con representación…

    ¿E se o BNG non acada representación? O galeguismo fará o ridículo máis espantoso da súa vida, pode ser unha ferida de morte.

    Responder
  3. teaching assistant courses
    teaching assistant courses Dice:

    Such an amazing blog you have posted dear i like it and also suggesting it to my friends for visiting your blog because it has really admirable and informative data which provide us through your blog so i would like to thank you for sharing it with us and also appreciate you on this so keep it up.

    Responder
  4. cheap printing
    cheap printing Dice:

    I was wondering if you ever considered changing the layout of your blog? Its very well written;
    I love what you have got to say.
    But maybe you could a little more in the way of content so people could connect with it better.
    You have got an awful lot of text for only having one or two images.
    Maybe you could space it out better?

    Responder
  5. skip hire prices
    skip hire prices Dice:

    I find your post here regularly. Appears to be very important and it puts the right time for me. I always give a push Nice to see you in my RSS bookmark. I do not really comment and do not spend time typing the comment. But here I must do it because it deserves one as well.

    Responder
  6. duvet covers
    duvet covers Dice:

    This is the perfect blog if you want to be informed on this topic. It’s full of truly information. Your internet site is handy. I admire the valuable advice you earn easily obtainable in your expertly subject matter. I wish to i appreciate you for this informative read; I must say i appreciate sharing this brilliant.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará