Entradas por bretemas

Onte 168: A noite de Vigo en Madrid

Lembrando aquel «Madrid se escribe con V de Vigo» dos tempos de Manuel Soto, a de onte, ademais da do enterro da sardiña, foi «Unha noite de Vigo en Madrid» de Abel Caballero. Non acredito na eficacia deste tipo de iniciativas voluntaristas e custosas como ferramentas de promoción turística, porén quero pensar que a súa […]

Onte 167: Blindados con libros

Os estudantes de Valencia continuaron a súa mobilización a prol da Educación Pública de forma pacífica. Lembrarémolos erguendo os seus libros e berrando: «estas son as nosas armas». Blindados cos seus libros poñían en valor eses humildes artefactos de papel impresos como símbolos da liberdade de expresión e da educación de calidade. Nun momento de […]

Onte 166: Calefacción

Comparto o tuiteo de Juan Cruz: «Impresiona que todo comezase porque os rapaces tivesen frío». En efecto, convén lembrar que o conflito do Instituto Luis Vives de Valencia tivo a súa orixe nunha reivindicación da súa comunidade educativa en defensa da educación pública, apenas a solicitude de fondos para a calefacción do centro. A iniciativa […]

Parella de conveniencia

Inicio a miña colaboración mensual en Galicia Confidencial, na que pretendo abordar cuestións relacionadas coa actualidade política viguesa, con «Parella de conveniencia», un artigo pesimista sobre o futuro das relacións entre o PSOE e BNG vigueses.

Onte 165: Síntoma

O éxito das manifestacións contra a reforma laboral de Rajoy é un síntoma do que pode acontecer no futuro. As polo menos vinte e cinco mil persoas, moita xente, da convocatoria viguesa, na que non participaron os sindicatos nacionalistas, anuncian que pode estar rematando a hexemonía do partido conformista. No abrente dese novo contexto, a […]

Onte 164: Entroido

Fin de semana en Vigo de moito Entroido, días de xoldra, cocido, orellas e crítica purificadora. Mágoa que ese espírito entroideiro non lle fixera graza ningunha a Abel Caballero que mandou retirar da cruz do Castro a cartela de «Alcaldía». Intrasixencia semellante que comparte algún conservador vigués que critica ao alcalde por non facelo cos simpatiquísimos […]

Onte 163: Celso Emilio Ferreiro

Estamos de cheo no ano de Celso Emilio Ferreiro. Pola mañá acompañei a Luís Ferreiro, o director da Fundación CEF, ao acto de presentación da programación institucional do ano Ferreiro, na que colaboran coa Fundación a Xunta, a RAG, o CCG e o concello de Celanova (mágoa que non o faga tamén o concello de Vigo, […]

Onte 162: O conde Waldemar

Xa imaxinaba que ía interesar moito a biografía de Manuel Rodríguez Saa, o conde de Waldemar, o mago, prestidixitador, ilusionista e telépata de sona internacional nacido en Portomarín. Xosé Díaz e Belén Fernández descubren no seu libro o sorprendente itinerario vital e profesional deste galego de aldea que durante o primeiro terzo do século XX […]

Onte 161: Díaz Pardo, editor clandestino

Na gravación dunha longa entrevista arredor do Díaz Pardo editor, o profesor Xesús Alonso Montero salientou o seu papel como editor clandestino. Debeuse a Isaac (baixo o alcuño de Santiago Fernández), coa colaboración de Luís Seoane (Maximino Brocos), a edición de Galicia hoy, o famoso libro colectivo de Ruedo Ibérico, editado en París e fabricado […]