Entradas por bretemas

Onte 176: Xesús Couceiro

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores acordamos por unanimidade outorgar o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 ao libreiro e editor Xesús Couceiro. Este galardón co que os editores pretendemos cada ano recoñecer o labor realizado por unha persoa a prol da […]

Onte 175: Benvido «Dioivo»!

É outra beizón contar cun novo xornal dixital en galego, Dioivo, «un medio concibido para contar e contrariar». É moi prometedora a súa declaración de intencións de facer «xornalismo para o país da chuvia», un sintagma que interpretamos como unha orballada, que vai enchoupando conciencias, mais tamén con esoutro ballón teimoso, que pode chegar a […]

Onte 174: Vivimos a correr

Aledoume ler a entrevista a Luís Eduardo Aute que publica o Faro de Vigo con motivo da súa presenza en Pontevedra, onde o venres inaugurará o ciclo poético do Ateneo «Imán de palabras» e o sábado dará un concerto. Aute, entre outras moitas cousas de interese, alerta: «vivimos a correr, madrugando antes por se amence […]

Onte 173: 8,51

Cristobal Montoro desvelou a cifra do déficit: 8,51%. Unha desviación moi elevada que agoira as maiores dificultades para un futuro inmediato que non sabemos canto durará. No entorno da crise as cifras funcionan como o máis frío eufemismo estatístico, incuestionable, que non merece nin análise nin contradición posible. Hai só uns días o formidable Isaac […]

Baltar e o Irixo

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a posición do PP de Ourense sobre a ubicación da incineradora do sur de Galicia no concello do Irixo. A sucesión familiar á fronte da Deputación de Ourense acaba de achegar a súa primeira manifestación de inconformismo dentro do Partido Popular. O novo presidente, Manuel Baltar […]

Campo do Fragoso CXIX

PARTIDAZO A matinal do domingo fronte ao Almería foi un partidazo memorable, un dos mellores encontros de segunda división que lembramos sobre a lameira do Fragoso. Un partidazo tanto pola vitoria, que consolida ao Celta nos postos de ascenso directo, como polo axustado e avultado marcador entre dous equipos que querían os tres puntos e […]

Onte 172: Outro paso

A declaración do Kursaal é outro paso da esquerda abertzale para asumir a súa incorporación ao proceso democrático. O feito de «amosar o profundo pesar pola dor causada por ETA» e de recoñecer que aos seus membros faltoulles «cara unhas vítimas a sensibilidade amosada con outras» son afirmacións que deben ser acollidas e valoradas de […]

Onte 171: O discurso de Monteagudo

A pesar de que non puiden viaxar a Compostela, seguín pola rede co maior interese a intervención de entrada na RAG de Henrique Monteagudo. Agradezo a súa afouteza e xenerosidade por enunciar un discurso sobre a lingua galega capaz de aumentar o perímetro do seu abrazo sobre o conxunto da sociedade galega, sen renunciar unha […]

Onte 170: Debate sobre os libros de texto dixitais

Tras a intensa tarde e serán de debate arredor do futuro do libro de texto dixital e do programa Abalar, organizado por Nova Escola Galega, convencinme máis, se me quedaba algunha dúbida, do carácter disrutivo que introduce, tamén na educación, o paradigma da comunicación dixital, ao tempo que da necesidade de acompañar a innovación tecnolóxica […]

Onte 169: Día de Rosalía

Celebramos o Día de Rosalía, o 175 aniversario do nacemento da fundadora da nosa literatura nacional. Unha efeméride que non debe pasar desapercibida en ningún centro educativo nin medio de comunicación. A realización de lecturas e actividades rosalianas en espazos públicos e educativos, ademais da reivindicación do apoio das administracións á investigación e difusión da […]