Entradas por bretemas

Onte 392: Antón Reixa, ghicho distinto

Divertida e un chisco melancólica foi a presentación en Librouro de Antón Reixa. Ghicho distinto, o libro de conversas preparado por Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido. Conduciu a mesa o xornalista Xosé Manuel Pereiro que soubo utilizar as doses necesarias de sal e pementa para que os autores e o protagonista do libro falasen […]

Onte 391: Liber e Frankfurt

A Xunta de Galicia e a AGE non contarán este ano con estand nin no Liber de Barcelona nin na Feira Internacional do Libro de Frankfurt. Rómpese así unha tradición de máis de dúas décadas de participación institucional conxunta da administración galega e do sector editorial privado nestas dúas citas, que até hoxe semellaban ineludibles. […]

Onte 390: Cifras críticas para o libro galego (III)

Unha panorámica sobre a situación actual do sector editorial galego, como que vimos facendo estes últimos días, non pode ocultar a redución dos fondos destinados pola Xunta de Galicia ás políticas públicas de lectura e ás destinadas ao fomento da lingua galega, entre o 50% e o 65% de todas as súas partidas, que se […]

Onte 389: O caderniño de Galicia

A desaparición do caderniño de Galica de El País nada ten que ver co magnífico exercicio de xornalismo da redacción dirixida por Xosé Hermida. O traballo deste equipo constituíu un modelo de información plural e independente, referente durante o último lustro da axenda política, económica e cultural de Galicia. Como tamén o foron as páxinas […]

Onte 388: Cifras críticas para o libro galego (II)

A edición impresa que manexamos do estudo de Comercio Interior del libro en España 2011 amosa que o volume da edición e as vendas nas linguas cooficiais (catalán, éuscaro e galego) concéntrase entre o 80 % e o 90 % nos libros de Literatura, Texto, Literatura Infantil e Xuvenil e Ciencias Sociais. Así no caso […]

Revive o Casco Vello

No artigo da semana en Faro de Vigo, a raíz da presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na JT Photogallery promovo un exercicio de autoestima sobre a rexeneración urbana que se leva desenvolvendo no Casco Vello vigués. O serán do pasado venres presentouse «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», […]

Onte 387: Día da Tradución

Na mesa redonda que AGPTI organizou no Kunsthalle de Compostela con motivo do Día Internacional da Tradución insistiuse na necesidade de ampliar a base de lectorado en galego e de promover as políticas públicas de fomento da lectura que faciliten a visibilización da oferta editorial e permitan vencer os prexuízos existentes sobre a lectura na nosa […]

Onte 386: Cifras críticas para o libro galego (I)

Coñecimos onte o contido de senllos informes –Comercio Interior del libro en España 2011 (versión definitiva, impresa) e El sector del libro en España 2010-2012) que amosan a actual situación crítica da edición do libro en Galicia e en galego. Varios son os indicadores recollidos en ambos os dous informes de referencia para o «Observatorio […]

Cultura, dignidade e futuro

«Cultura, dignidade e futuro» é o título do chamamento que dende a Fundación Premios da Critica Galicia facemos aos partidos e organizacións políticas con motivo do 21-O. Un texto que reclama a atención que merecen as iniciativas culturais públicas e as industrias culturais privadas en Galicia, reclamando para elas un plan estratéxico, un modelo de […]

Onte 385: «15.724»

Máis de cento cincuenta persoas participaron na presentación en Pontevedra de 15.724, a máis recente novela de Xesús Constela. Un serán literario excelente nas novas instalacións da Sala Sarmiento do Museo de Pontevedra, que contou ademais coa participación das afinadísimas pandeireteiras de Coruxo A Buxaina. Xaime Toxo, presidente do Ateneo, abriu as intervencións literarias definindo […]