Entradas por bretemas

Onte 665: Días abafantes

Abafamos coa calor provocada pola masa de aire africano que leva aos termómetros das Rías Baixas aos temibles corenta graos. Con semellante temperatura non é doado nin abordar os moitos traballos atrasados nin as lecturas pendentes de orixinais nin sequera dormir cun chisco de acougo. Apenas alivia as calores unha dieta estrita de auga de […]

Onte 664: «A noite no deserto»

A pesar da calor abafante, a conversa entre os escritores Chisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello, moderada polo crítico Ramón Nicolás, resultou moi interesante. Unha etapa máis dunha actividade, presentada baixo o título «A noite no deserto», que se celebra en cada unha das Feiras do Libro de Galicia deste ano e supón a […]

Onte 663: O futuro da Ría

O sector naval vigués reiterou onte a súa vontade de ser. Ao borde do abismo, pendente do fío da devolución do Tax-leaxe exixido pola Comisión Europea, tras incontables e durísimas reconversións ao longo de tres décadas, o sector naval da ría de Vigo pode botar o cadeado. O anuncio por parte da Dirección Xeral da […]

Onte 662: «Inmaterias» de Suso de Toro

Outro serán excelente na Feira do Libro de Vigo. Unha marabilla! Moito público nas asinaturas de Agustín Fernández Paz e Xabier Paz e nas presentacións de Cartas de inverno, a novela gráfica de Antonio Seijas, e Inmateriais, o novo libro de Suso de Toro. Moi interesante foi a intervención de Suso de Toro na presentación […]

Onte 661: «Faneca Brava» en Vigo

Excelente o serán na Feira do Libro de Vigo no que Manuel Portas presentou Faneca Brava, Manuel Rivas fixo unha lectura d’ As voces baixas e Elena Gallego asinou exemplares da súa triloxía Dragal.  As presentacións dos libros dos manueles constituíron senllos alicientes para moitas persoas para as que a carpiña da Alameda quedou moi […]

Onte 659: Defender a libraría

  Na fin de semana en London, entre outras cousas, chamoume a atención a campaña de Waterstones en defensa do papel da libraría e da profesionalidade dos seus libreiros. Nun país no que practicamente desapareceron xa os kioscos de prensa de papel (os xornais e suplementos de calidade véndense coma as revistas nas librarías ou […]

Onte 658: Sobre o estado da edición

Miss IPE tivo a deferencia de facerme unha entrevista para publicar no seu blog da editorial Ideas Propias. Agradecín a iniciativa tanto pola xenerosidade de incluír as miñas opinións no blog dunha das empresas do noso sector coma polo feito de obrigarme a volver a reflexionar sobre a actual situación do sector. Transcorrido xa a […]

Onte 657: O anxo de Marina Mayoral

Acompañamos a Marina Mayoral na presentación en Couceiro da súa novela máis recente O anxo de Eva. Foi Xesús Alonso Montero, o presidente da Academia Galega, quen glosou a novela e os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos os que pecharon a presentación coa lectura do primeiro capítulo da obra. Comezou o seu discurso Alonso […]

656: En Pontevedra coa «Causa Lueiro»

A presentación en Pontevedra do libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey concitou grande interese. Como sucedera o sábado no Grove a libraría Paz quedou pequena para acoller aso asistentes nun acto no que se lembrou en repetidas ocasións a relacións de Lueiro coa cidade de Pontevedra, na que traballou como funcionario de Facenda. Foi […]