Entradas por bretemas

Vigo, cidade euroatlántica

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro a experiencia do primeiro goberno tripartito (1991-1995) no concello de Vigo. Na historia recente de Vigo hai algúns capítulos políticos que deben ser aclarados. Entre eles o do gravísimo conflito pola instalación da empacadora nos peiraos do Guixar, que facilitou a única maioría absoluta coa que […]

Onte 753: Cifras da edición galega en 2012 (II)

Como xa ven sucedendo adoito, o estudo de Comercio Interior del Libro en España 2012 amosa como o volume da edición e as vendas nas linguas cooficiais (catalán, éuscaro e galego) concéntrase entre o 80 % e o 90 % nos libros de Literatura, Texto, Literatura Infantil e Xuvenil e Ciencias Sociais. Así no caso dos […]

Onte 752: Cifras da edición galega en 2012 (I)

No Líber presentouse a edición impresa do Comercio Interior del libro en España 2012, o estudo de referencia sobre o estado do sector editorial privado encargado pola Federación de Gremios de Editores de España e elaborado cos datos proporcionados polos diversos editores. Un informe que no conxunto do sector español amosa no pasado ano unha significativa […]

Onte 750: Devagariño

Tras presentar a conferencia que o alcalde Abel Caballero pronunciou no Fórum Europa (un discurso sobre a recuperación do liderado de Vigo nun novo proxecto para Galicia), collín a correr un taxi que me levase a Peinador camiño do Líber. Por fortuna, tocoume un taxista filósofo, formado como condutor nas rotas peninsulares do peixe. Quizais […]

Onte 748: «¿Casualidad? No lo creo»

Siniestro Total anunciou onte nun comunicado oficial que aposta por un novo sistema de distribución das súas novidades. Lanzarán as súas cancións á rede unha por unha, «ao ritmo que marquen as circunstancias e os acontecementos», «sendo opcional a publicación en formato físico». Un comunicado importante co que Siniestro abandona a publicación de álbums, tras […]

Onte 747: Orzamentos para Cultura

As primeiras informacións sobre os Orzamentos Xerais para 2014, os que Montoro cualifica da recuperación, suporán máis recortes para a Cultura. Dúas partidas claves coma a de Bibliotecas (43,21 millóns de euros) e Cine (48,21 millóns) baixan de forma significativa, a primeira un 8,5% e a segunda un 12,4%. Con estas cifras, é probable que […]