Entradas por bretemas

Onte 880: Grial 200

A revista Grial editada por Galaxia chega ao número 200. Unha proeza colectiva froito da insistencia da editorial durante 50 anos, ao que non foron alleas as angueiras dos seus directores ao longo dese período, até 1989 Paco del Riego e Ramón Piñeiro, Carlos Casares até o seu falecemento en 2002, e Víctor Freixanes e […]

Onte 879: Afouteza e corazón

Non é un detalle sen importancia que nas novas lonas da Tribuna de Balaídos colocadas onte se poida ler «AFOUTEZA CORAZON». A pesar de faltarlle un til (mágoa!), a reprodución a grande tamaño destas dúas palabras claves na gramática do fútbol celeste consolida a liña normalizadora asumida polo Real Club Celta de Vigo. É unha […]

Onte 878: «A grande beleza»

A grande beleza, a película de Paolo Sorrentino, gañadora de catro premios do Cine Europeo 2013, comeza cunha cita tirada de Viaxe á fin da noite de Louis-Ferdinand Céline: «Viaxar é moi útil, fai traballar a imaxinación. O resto non son senón decepcións e fatigas. A nosa viaxe é por enteira imaxinaria. A iso debe […]

Onte 876: De novela negra

Foi onte un día de novela negra. Pola mañá asistín ás dúas sesións da xornada «30 anos de novela negra galega» organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do trixésimo aniversario da publicación de Crime en Compostela de Carlos G. Reigosa, primeiro premio Xerais de novela. No serán participei na presentación na Casa do […]

Onte 874: Adeus a Berrogüetto

Berrogüetto anunciou onte a súa disolución e a súa xira de despedida. Tras dezaoito anos de carreira, cinco grandes discos e uns cantos concertos memorables Berrogüetto despídese con elegancia e cun sorriso, un xeito de expresar a satisfacción pola súa achega decisiva á construción do proxecto da música galega de entre séculos. Desde aquel primeiro […]

Onte 873: 21 días co galego

Comezou onte a segunda edición de 21 días co galego, moi valiosa experiencia didáctica normalizadora promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal. Coa intención de promover o emprego oral do galego durante estas tres semanas e contribuír á reflexión sobre a relación […]