Entradas por bretemas

Onte 889: A ollada bretoa de Pemón Bouzas

Excelente foi a presentación que no serán de onte realizamos na Libraría Couceiro de Compostela de Novos pasos por Bretaña de Pemón Bouzas, o primeiro libro da colección Xerais Crónica que aparece coa etiqueta «Viaxes». Un acto que da man dos xornalistas Eva Millán, Xurxo Fernández e o propio autor constituíu unha exaltación dos lazos […]

Marea branca

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a situación da sanidade pública na provincia de Pontevedra. O éxito das manifestacións en defensa da sanidade pública, celebradas a pasada semana en Vigo e Pontevedra, testemuñan a preocupación cidadán pola deterioración da calidade deste servizo público esencial na provincia de Pontevedra ao longo dos últimos […]

Onte 887: Redondela rescata o Premio Blanco Amor

A iniciativa da concellaría de Cultura de Redondela de rescatar o Premio Blanco Amor de novela longa paréceme un auténtico milagre, unha beizón para a literatura galega que merece a nosa maior gratitude. Tras a renuncia dos tres concellos aos que lles correspondeu a organización da XXXIIª edición, semellaba que o Blanco Amor desaparecería, outra […]

Onte 885: Sen balón

Noutra noite memorable o Celta de Luis Enrique gañou contra prognóstico. Fíxoo sen balón, sofrindo un ataque constante do Vilarreal, valéndose como mellor estratexia dunha disciplina coral admirable, sen perder nunca a concentración defensiva nin a intensidade na presión nin a confianza nas súas posibilidades. O Celta foi un modelo de resistencia activa e solidaria, […]

Onte 884: Do Catro ao Uf

A presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez levoume onte ao Café de Catro a Catro, o emblemático local de Travesas no que había tempo non entraba. Levei unha grata sorpresa tanto polo arranxo actual do café, que continúa mantendo a sua elegante fasquía orixinal, coma, e sobre todo, pola intensa actividade cultural e […]

Onte 883: Ler é a arte de anticipar

As diversas presentacións d’ A illa de todas as illas, o libro de Xabier DoCampo ilustrado por Xosé Cobas, están constituíndo formidables leccións arredor da formación do lector literario. Onte en Compostela, tras a excelente intervención de Xavier Senín, que definiu o libro como «fermoso e emocionante», Xabier DoCampo volveu sobre a cuestión da lectura […]

Onte 881: A lei do aborto de Rajoy

Despois que o Congreso rexeitase no serán de onte a proposta do PSOE para retirar a lei do aborto, algunhas deputadas do Partido Popular aplauden satisfeitas ao ministro de Xustiza Alberto Ruíz-Gallardón polo seu éxito. A pesar da votación secreta, a maioría conservadora (PP, Unión Democrática de Catalunya e UPN) pechou filas e impuxo os […]