Xela e a palabra
Magnífica peza arredor da condición de tradutora de Xela Arias. que Illa bufarda preparou para o Consello da Cultura Galega.Coma excelente é tamén esoutra arredor da música e a poesía en Luisa Villalta.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6815 entries already.
Magnífica peza arredor da condición de tradutora de Xela Arias. que Illa bufarda preparou para o Consello da Cultura Galega.Coma excelente é tamén esoutra arredor da música e a poesía en Luisa Villalta.
O éxito popular da festa da Reconquista amosa a escasa relación entre a lectura política do acontecido en 1809 e a ansia dunha comunidade local por contar con raíces. Énchenos de fachenda o apoxeo do vestiario de época, para moitas persoas o mellor testemuño desta presenza do pasado no presente, aínda que nalgúns casos, como o dos […]
GRAN YOEL Coincidindo coa festa da Reconquista, o Celta recuperou alento e acadou tres puntos de ouro que o achegan máis ao obxectivo dos corenta, no que os seareiros enxergamos debe situarse a permanencia esta tempada tan igualada. Non foi doada a vitoria fronte ao equipo hiperordenado de Unai Emery, que procurou teimosamente atopar o […]
Mantéñolle lei a Jean Echenoz, un dos novelistas franceses contemporáneos máis interesantes dos publicados por Anagrama. Desque hai case vinte anos lera Lago, Nosotres tres e Rubias peligrosas quedei prendido deste narrador visceral capaz de abordar e (parodiar) todos os subxéneros da novela e deseñar personaxes inesquecibles. Nas súas entregas máis recentes asumiu o reto […]
Escaparate da Librería Cronopios de Santiago (Alfredo Brañas 24) instalado con motivo da presentación d’ A memoria da choiva de Pedro Feijoo. Fotografía tirada por Pedro Feijoo o 14 de febreiro de 2014.
Escaparate de Librouro de Vigo instalado con motivo da presentación d’ A memoria da choiva de Pedro Feijoo. Probablemente un dos mellores que vin o pasado ano. Fotografía tirada por Manuel Bragado o 25 de novembro de 2013.
Escaparate da Libraría Miranda de Bueu instalado con motivo da presentación de Sete Caveiras de Elena Gallego. Fotografía tirada por Manuel Bragado o 28 de marzo de 2014.
O espectacular escaparate que montou a Librería Miranda con motivo da presentación onte en Bueu da novela de Elena Gallego Sete Caveiras decidiume a promover unha serie de anotacións sobre escaparatismo do libro en Galicia. Estou convencido que o escaparate continúa sendo na maior parte da actividade comercial de proximidade unha das accións principais (desas […]
Moito gustei das palabras de Encarna Otero na presentación que onte na Libraría Lila de lilith de Compostela dedicou a María Reimóndez e ao seu libro A alternativa está aquí. Comezou expresando a súa gratitude pola «ledicia que ofrece María» e por contar cun «libro para ler e para ter, un libro para reler como […]
Outra vez a CTNL ofrece unha campaña modélica e moi atractiva de normalización da lingua galega, desta volta co obxectivo de visibilizala nos medios de comunicación. Colectivos profesionais, sociais e cidadáns, ademais de persoas a nivel individual, promovemos esta campaña coa intención de reclamar aos medios de comunicación o dereito a que non agochen a […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
