Entradas por bretemas

Onte 1292: Ramón Luis Acuña

Triste a nova do pasamento do xornalista ourensán  Ramón Luis Acuña, con quen colaboramos na recuperación de Fírgoas, a obra do seu pai o poeta Manuel Luis Acuña. Correspondente en España durante moitos anos de Le Figaro, delegado da axencia EFE en París durante a Reforma Política, especialista en política internacional, director da cátedra UNESCO sobre Minorías, Nacionalismos […]

Onte 1291: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz

Chegaron onte os primeiros exemplares d’A neve interminable de Agustín Fernández Paz. Unha novela que supón o regreso de Agustín ao catálogo da colección Fóra de Xogo, na que non publicaba dende Corredores de sombra (2006). Un novo libro de misterio que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno (1995), un título senlleiro que permitiu […]

Onte 1290: Xenocidio no Sáhara

Finalizada a investigación iniciada en 2007 por Baltasar Garzón, a raíz dunha querela presentada pola Asociación de Familiares de Presos y Desaparecios Saharaius, o xuíz Ruz publicou onte o auto por xenocidio no Sáhara Occidental. Co  procesamento de once policías e militares marroquinos, realizado co apoio da fiscalía, rematan décadas de impunidade e silencio sobre o sucedido […]

Onte 1289: «Hai que matalos a todos» de Héctor Carré

Hai que matalos a todos, a terceira novela de Héctor Carré conta cun booktrailer máis que interesante. Preparado polo propio autor, director de películas como Dáme algo (1997) ou Personal movie (2011) e guionista de series como Libro de familia ou Matalobos, en apenas un minuto e vinte segundos o booktrailer adianta o inicio da trama principal da […]

Onte 1288: «Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo recolleu onte na editorial os primeiros exemplares de Cabalos e lobos, a súa primeira novela, coa que obtivo o premio Blanco Amor 2014. Para acompañar a visualización do libro, que culmina una longa carreira de fondo en solitario, Fran foi publicando no seu blog unha serie de tomas audiovisuais, realizadas e montadas por Mónica Ares, que compoñen un fantástico […]

Onte 1287: Retranca en Lugo

Cando estiven en Lugo para participar no xurado do premio Ánxel Fole de narración, Carme Basadre, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, anunciounos que xusto despois da semana santa comezaba o Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca. Ten moito xeito esta proposta que transforma a retranca en compoñente transversal de […]

Onte 1286: «Rubicundo»

Abofé que o premio Merlín do pasado ano deixou unha boa colleita. Tras a Escarlatina de Ledicia Costas, unha obra aclamadísima polo lectorado, os xurados e a crítica, chega a finalista, Rubicundo de María Canosa. Outro libro moi fermoso, unha alfaia para a conquista de lectores e lectoras autónomas. O texto de María Canosa é […]

Onte 1285: O «Pasolini» de Ferrara

Con Pasolini, Abel Ferrara pretendeu reconstruir as últimas corenta e oito horas do escritor italiano, antes de ser asasinado en Ostia o 2 de novembro de 1975, ademais de filmar algúns anacos dos proxectos que o director de Saló ou os 120 día de Sodoma preparaba para a súa nova película. Unha empresa moi difícil […]