Entradas por bretemas

Poema de hoxe 20: «Nomes no recordo» de Mª Carme Kruckenberg

Non se deben arrastrar as emocións ata a liña que conleve o desamparo. Hai que medir o grosor dunha bágoa antes de chorar no espello Mª Carme Kruckenberg, Poemas sen resposta (Espiral Maior, 1999)

Poema de hoxe 19: «Todo o que pasou o meu pobo» de Uxío Novoneyra

Todo o que pasou o meu pobo pasoume a min todo o que pasou o home pasoume a min Uxío Novoneira, Do Courel a Compostela (1980), no 86 aniversario do seu nacemento

Onte 1565: «Vaite xa!» de Marcos Viso

Vaite xa! é un dos álbums da veterana serie Merliño que está chegando ás librarías estes días. Primeiro libro integral de Marcos Viso, autor do texto e da ilustración, aborda con determinación o tema da emigración. Protagonizado por unha familia de osos, o relato expresa as dúbidas, os temores, a tristeza, a dor dos primeiros pasos do emigrante obrigado por […]

Poema de hoxe 18: «Cezanne» de Miguel González Garcés

A fondura do ser está na pel; o asombro do mundo, na mazá. Miguel González Garcés, Un nome só na néboa (1989), no centenario do seu nacemento.

Onte 1564: Primeira enquisa das Autonómicas

Coñecimos onte as primeiras enquisas para as Autonómicas deste ano. Para 13tv, a canle da Igrexa, o PPdeG perderá a maioría absoluta e sufrirá un severo retroceso ( 37 % dos votos e 32 escanos), precisando para gobernar das actas de Ciudadanos (9 % e 6 escanos), un partido que se estrearía no Hórreo a pesar de non contar […]

Onte 1563: No Saviñao con Xabier Quiroga

Viaxamos onte ao Escairón para acompañar a Xabier Quiroga na presentación de Izan o da saca. Foi Enrique Sampil, o presidente do Círculo Saviñao, quen lembrou que pasaran catorce anos daquel acto inesquecible no que presentamos no mesmo salón Atuado na braña, a primeira da media ducia de novelas publicadas polo autor de Cabo do Mundo. Mais dunha década na que Xabier Quiroga […]

Poema de hoxe 17: «Abismo Vigo» de Fran Alonso

dinosauro diminuto con corpo de sireno (…) cosmos para unha cidade oceánica (…) vigotízome coa luzada; almorzo no abismo Fran Alonso, Transición (Franouren, 2011)

Poema de hoxe 16: «Orballa en tempo lento» de Pura Vázquez

Só o silencio habita nos segredos da lingua na chave da palabra. Pura Vázquez, Orballa en tempo lento (Espiral Maior, 1995)

Onte 1562: A colleita de 2015 de Fervenzas Literarias

Como xa é tradición dende hai nove anos, coñecimos onte o ditame dos premios Fervenzas Literarias aos mellores libros e iniciativas do ano 2015. Os Fervenzas son sempre os primeiros da xeira anual de premios a obra editada, ao tempo que teñen a singularidade de ser outorgados por votación de medio milleiro de internautas, que […]