Entradas por bretemas

Poema de hoxe 111: «Templo» de Manuel Xosé Neira

Abril entre a chuvia como de frauta de lustrosos caxigueiros, no eixido Manuel Xosé Neira,Templo (Galaxia, 2001)

Poema de hoxe 110: «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela

O fotógrafo non aturou tanto silencio Xesús Constela, A rotura das paisaxes (Xerais, 2016)

Onte 1647: Trinta anos da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística publicaba onte o cartel de Xaquín Marín das xornadas que sobre o “Estado actual da Normalización Lingüística” se celebraron do 18 ao 20 de abril de 1986, convocadas pola AELG, ASPG, AGAL e Federación de Asociacións Culturais. Encontros a raíz do que se constituiría este colectivo cidadán en defensa da […]

Campo do Fragoso CLXXVIII

CELTA XENEROSO Os empates recentes co Deportivo e co Betis en Balaídos demostran que acadar o quinto posto non vai ser un camiño de rosas para o Celta de Berizzo. A exhibición celeste de xenerosidade e voracidade atacante en ambos os dous partidos, nalgúns momentos transformada en precipitación e ansiedade diante da portaría rival, noutros […]

Onte 1646: Gala do Libro Galego

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016 convocados conxuntamente, por vez primeira, pola Asoiación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Ademais da lóxica satisfacción que supón para o cadro de Xerais contar […]

Poema de hoxe 109: «Foi Don Fagundo un dia convidar» de Afonso Eanes do Cotón

Foi Don Fagundo un dia convidar dous cavaleiros pera seu jantar, e foi con eles sa vaca encetar, e a vaca morreu-xe logu’euton e Don Fagundo quer-s’ ora matar porque matou sa vaca o cajon Afonso Eanes do Coton, «Foi Don Fagundo un dia convidar» (cantiga de escarnio)  

Onte 1645: «O volframio en Varilongo», memorable presentación en Santa Comba

Non podemos definir máis que como emocionante e memorable o sucedido onte no Salón Multiusos de Santa Comba durante a presentación do libro de Carmen Banco Ramos O volframio en Varilongo. Contei até 246 as persoas que seguiron as intervencións da autora e do profesor Alonso Montero sobre unha obra que reconstrúe de forma detallada e […]

Poema de hoxe 108: «Cidades» de Gonzalo Navaza

E que ó final unicamente amas unha cidade cando alguén hai nela que tamén te ama a ti e que pronuncia o teu nome estranxeiro como ningúen o pronunciou xamais, tal se fose a palabra secreta que cifra o teu destino. Gonzalo Navaza, Libra (Galaxia, 2000)