Poema de hoxe 137: «Poemas de labarada estremecida» de Manuel María
O amor é manter acesa a chama inexplicábel que nos deslumbrou, coidar a roseira que naceu sen saber como Manuel María, «Fuches ti que me deprendeu» (1981)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Poema de hoxe 137: «Poemas de labarada estremecida» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
O amor é manter acesa a chama inexplicábel que nos deslumbrou, coidar a roseira que naceu sen saber como Manuel María, «Fuches ti que me deprendeu» (1981)
Non debemos esquecer que onte foron cincuenta os anos transcorridos daquel Xantar de Ourense, a despedida que 250 persoas renderon ao poeta Celso Emilio Ferreiro no Hotel Roma de Ourense, a piques de embarcar para Venezuela. Cincuenta anos dun acto político organizado polo PC e pola UPG coa intención de rexeitar a construción do encoro […]
Saímos felices da primeira Gala do Libro celebrada no serán de onte en Compostela. A iniciativa, compartida pola AGE, AELG e a Federación de Librarías de Galicia, coa intención de recoñecer a excelencia dos traballos realizados cada ano no sector da lectura e da creación literaria, abre unha nova etapa para o futuro deste sector estratéxico […]
Poema de hoxe 136: «Catavento de neutrós domesticados» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Os celtas inventaron o aturuxo pra substituír a música celeste. Manuel María, «Pequeno epitome de inseguros esteos» (Alvarellos, 1979)
Magnífico serán o de onte en Cambados onde acompañamos a Ramón Caride na presentación da súa novela Liquidación de existencias e do máis que recomendable disco libro Xeografías do deserto, un traballo indie preparado polos cantautores Moncho Núñez e Sito Suárez sobre textos poéticos que Moncho publicara en Flor de deserto e Xeografía de sal. Excelentes foron as […]
Poema de hoxe 135: «Os soños na gaiola» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Lingua, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Galiza somos nós: a xente e mais a fala. Manuel María, «Galicia» (1972)
Éxito rotundo da presentación do serán onte d´As horas roubadas de María Solar na Libraría Cronopios de Santiago. Agarimada pola crítica Malores Villanueva e por case un cento de persoas no seu debut cunha novela para adultos, a escritora e xornalista compostelá contou coa fermosísima sorpresa do agasallo de dúas cancións do grupo De Vacas. Malores Villanueva comezou salientando que “María […]
Poema de hoxe 134: Mar maior» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Acougade. Acougade un pouquiño para que se vaia a brétema soíña… Manuel María, «Serán» (1963)
Emotivo e desmitificador resultou o retrato que onte debuxamos no Club Faro de Vigo os participantes na mesa redonda “Manuel María: fanegas de corazón, alma de poeta” no que acompañamos a Saleta Goi, víuva do poeta homenaxeado este 17 de maio, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de estudos galegos e ás escritoras e […]
Poema de hoxe 133: «Versos para un país de minifundios» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Lingua, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A fala é a voz da terra e mais do mar, o vencello que nos xungue no tempo cos que foron e mais cos que han ser. Manuel María, «A fala é comunión e sentimento» (1969)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
