Entradas por bretemas

Onte 1661: A breve historia da literatura de Mercedes Queixas

Acompañamos onte a Mercedes Queixas na presentación do seu libro De pergamiños, follas voandeiras, libros ao punto gal na Feira do libro de Santiago, un evento sempre polémico que este ano coincide na Alameda co balbordo das festas da Ascensión e con outros actos importante da programación cultural compostelá. Mercedes Queixas comezou a súa intervención lembrando […]

Poema de hoxe 124: «O dano desexado», Anxos Romeo

quero chuvia pra enfriar a dor e sal pra morder Anxos Romeo, Ollos de sal (Xerais, 1998)

Poema de hoxe 123: «Fui eu, madr’, en romaria a Faro con meu amigo», Johan de Requeixo

Fui eu, madr’, en romaria a Faro con meu amigo e venho d’ el namorada por quanto falou comigo. ca mi xurou que morriapor mi; tal ben mi quería! Johan de Requeixo, «Fui eu, madr’, en romaria a Faro con meu amigo» (Século XIII)

Onte 1660: As confesións culés de Sergi Pàmies

Seguidor que son dos libros literarios sobre fútbol non puiden resistir a tentación de mergullarme nas páxinas da tradución castelá de Confessions d’ un culer defectuós de Sergi Pàmies, un magnífico tratado de cruyfismo e melancolía barcelonista. Unha confesión valiosa, sobre todo pola emoción que destilan textos memorables como «El silencio», onde Pàmies denuncia a noxenta contaminación acústica […]

Onte 1659: 38 anos de cultura galega

Participamos no mediodía de onte nun debate organizado no edificio Cambón de Vigo pola Fundación Premios da Crítica Galicia sobre a cultura galega a través das 38 edicións destes premios que se veñen celebrando de forma ininterrumpida dende 1978. Hora e media ben cumprida de reflexión onde compartimos palabra con Bieito Ledo, presidente da Fundación e […]

Poema de hoxe 122: “Arcaico o tempo que respira” de Paulino Vázquez

o tempo procura o lugar da emoción sen a emoción Paulino Vázquez, Arcaico o tempo que respira (Galaxia, 2008)

Onte 1658: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro

A libraría Librouro encheuse onte coa presentación de Poemar o mar, o novo libro de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez. Iniciou o acto Helena Pérez, en representación de Xerais, que explicou a orixe desta edición, a primeira colaboración entre Teijeiro e López Domínguez, e a encadrou na triloxía do mar do autor, da que forman […]

Poema de hoxe 121: “Bretemada” de Gonzalo López Abente

Era valente a barca e arriscado o patrón que a dirixía Gonzalo López Abente, Bretemada (1922)

Onte 1657: “A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

Máis dun cento de persoas participaron onte no Museo de Pontevedra na presentación d´A rotura das paisaxes de Xesús Constela. Un acto organizado polo Atneo de Pontevedra que resultou fermoso, divertido, emocionante nalgúns momentos, onde o autor conversou co xornalista e crítico Ramón Rozas e recitou parte do poemario “Cidade castigada” (incluído na novela). Un […]

Poema de hoxe 120: “Os papeis do vagabundo” de X.H. Rivadulla Corcón

Que os silencios se prolonguen pola eternidade para que o amor siga tan eterno coma eles. X.H. Rivadulla Corcón, Os papeis do vagabundo (Espiral Maior, 2010)