Entradas por bretemas

Onte 1833: “Sementes”, o primeiro álbum de Sonia García

Foi unha moi feliz sorpresa todo o que aconteceu no serán de onte o Auditorio Lustres Rivas de Ribeira na presentación de Sementes, o álbum ilustrado co que debuta Sonia García. Un serán artístico en toda regra, onde gozamos dunha presentación literaria, un obradoiro de ilustración e unha sesión de educación musical na que se contou coa activa participación […]

Campo do Fragoso CXCIV

CELTA REACTIVO Diante do Osasuna o Celta de Eduardo Berizzo demostrou ser un equipo reactivo. Tras a inapelable eliminación de Copa diante do Deportivo Alavés, despois dos nefastos derradeiros minutos do domingo pasado no Vicente Calderón, á que se uniu a actuación decepcionante en Balaídos do xoves fronte os ucraínos do Shakhtar Donetks (tres derrotas […]

Onte 1832: ILP de dereitos lingüísticos na actividade económica

Presentouse onte no Museo do Pobo Galego a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística pretende garantir na práctica os dereitos lingüísticos das consumidoras e usuarias, tanto na atención oral e escrita, como na información que reciban das empresas que venden […]

Onte 1831: Manuel Lourenzo Honoris Causa da ESAD de Galicia

Foi unha honra ser convidado pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para facer a laudatio de Manuel Lourenzo no día no que foi investido coa mención honorífica de Profesor Honoris Causa deste centro público de educación teatral. Un acto moi emocionante no que moito aprendimos do mestre do teatro galego, unha das figuras actuais de […]

Onte 1830: Presentación da novela «Os tres de nunca» de Nacho Taibo

Viaxamos onte á Coruña para participar na Libraría Lume na presentación d’ Os tres de nunca a novela monumental de Nacho Taibo. Foi o escritor Xosé Manuel Martínez Oca, compañeiro de xeración e amigo do autor, quen lembrou como o trato con Taibo lle abrira a posibilidade de ler novos auotres e lle modificara as ideas sobre a […]

Onte 1829: Presentación de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

Presentamos onte no Marco, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Aníbal e a Pintora a nova novela de Xabier Paz. Un acto no que tanto a presentadora, a profesora Beatriz Suárez Briones, como o autor, salientaron o papel da pintora Artemisia Gentileschi como mestra pintora e icona feminista. A profesora da Universidade de Vigo […]

Galicia cen

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición Galicia cen organizada polo Consello da Cultura Galega en Vigo. No actual panorama cultural vigués non pode pasar desapercibida a exposición “Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura” aberta até o 25 de marzo na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (o […]

Onte 1828: “Moonlight”

Excelente a estrea á que acudimos onte de Moonlight, o filme do director afroamericano Barry Jenkins. Unha película que reconstrúe a peripecia de Chiron, un mozo afroamericano nun barrio de Miami entre os anos 80 e 90, en tres momentos decisivos, infancia, adolescencia e mocidade (interpretados por tres actores que conforman un único personaxe) coa […]

Onte 1827: Presentación de “Norteáns” de Mar Guerra

Excelente presentación na FNAC da Coruña de Norteáns, a gran novela castrexa de Mar Guerra. Foi Xosé Manuel Sande, o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento quen glosou unha obra histórica que relacionou coa Coruña, “unha cidade que recoñece as súas pegadas na historia, neste caso no mundo castrexo”. Gabou a novela de Mar Guerra […]