Teatro infantil
/en Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Teatro, Xerais/por bretemasHoxe presentamos en Compostela o libro Teatro infantil. Do texto á representación froito da colaboración de Xerais e da Fundación Caixa Galicia coa LIJMI (Red Temática de Investigación “Las literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico”).
Este libro continúa aos publicados nos dous últimos anos con motivo do Curso de Formación Continua sobre as literaturas infantís e xuvenís ibéricas e a súa influencia na formación lectora, Multiculturalismo e identidades permeábeis e Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico. Sempre crin que unha editora como Xerais, cun catálogo amplo no eido infantil e xuvenil, ten a responsabilidade de contribuír a ampliar o catálogo existente en galego, tanto sobre a formación lectora como nos ámbitos dos estudos académicos sobre a LIX (hoxe moito máis reducido .
Este libro colectivo que presentamos an Biblioteca Nova 33, xunto ao académico Euloxio R. Ruibal e á coordinadora de LIJMI Blanca-Ana Roig Rechou, presenta unha panorámica moi completa sobre o teatro infantil nas cinco linguas ibéricas. Na primeira parte, propón unha reflexión tanto sobre a especificidade dos textos dramáticos dirixidos á infancia (especialmente os de monicreques) como sobre o concepto de representación dende os presupostos da psicoloxía e a semioloxía. Na segunda, ofrécese unha perspectiva histórica do teatro infantil nas diferentes linguas ibéricas durante o século XX. Xa, na terceira, proponse unha selección de 61 textos dramáticos infantís (publicadas nas cinco linguas ibéricas) que contribúen á educación literaria ou á formación do criterio lector. Pechan o volume sete comentarios por estenso doutras tantas obras.
O libro, como os dous anteriores da mesma serie e fasquía, ten un carácter multilingüe, xa que cada un dos traballos é publicado na lingua na que foi escrito, coa excepción dos publicados en éuscaro, que tamén aparecen traducidos para o galego, lingua vehicular da publicación. Esta escolla multilingüe, moi infrecuente nos estudos literarios, constitúe unha proposta novidosa, ao tempo que un modelo no que afondar. Son moi de salientar, tamén, as ilustracións do editor Luis Mendonça. O libro ten indubidable interese para o traballo dos mediadores (editores, bibliotecarios e profesorado) e para os investigadores da LIX e da literatura dramática.
Entrevista a Nelson de Matos
/en Editores, Entrevistas/por bretemasRecomendo a lectura desta entrevista a Nelson de Matos, o noso benquerido e admirado editor (sen dúbida, o que máis literatura galega publicou alén Minho). Felicitámonos, ademais, pola volta á actividade so seu blogue.
A alfabetización na era dixital
/en Educación, Lectura, Literacidade, Slideshare/por bretemasMarcos S. Calveiro gaña o Ala Delta
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios/por bretemasLiteratura e Mercado
/en Comercio do libro, Lectura/por bretemasSobre o tema de Literatura e Mercado xirará o IV Simposio sobre o libro e a lectura que está preparando a AGE para celebrar o vindeiro mes de novembro. Para adiantar reflexións sobre cuestión tan polémica enlazo esta anotación do escritor Andrés Neuman publicada por Clarín. Non podo evitar reproducir as tres categorías de lectores (informados, intelectuais e artísticos) que Neuman establece na casa do señor Mercado:
“Resumiendo mucho, podríamos hablar de tres tipos de lector en la casa del Señor Mercado:
1) Los lectores informados, aquellos que buscan sobre todo enterarse, estar al día de la actualidad como quien lee el periódico.
2) Los lectores intelectuales, que analizan la información del libro, la subrayan e incluso la comparan con otras fuentes. Aunque estos segundos lectores son más disciplinados que los primeros, tal vez ambos estén unidos por una limitación: no modifican los libros que leen.
Por eso sospecho que quienes escasean son: 3) Los lectores artísticos, esos que recorren las páginas con los sentidos en vilo, la intuición expectante, la memoria abierta. Creadores a su modo, los lectores artísticos leen para interrogarse acerca de su propia identidad y ven en la literatura una existencia. Estos lectores merecen especial gratitud porque completan los libros, los salvan.”
Estatísticas
/en Blogs, Persoal/por bretemasCumpriuse onte un ano desque coloquei un contador no blog. Foron 163.641 as páxinas vistas destas Brétemas. Aínda que o incremento da audiencia non é obxectivo do noso espazo, sempre anima saber que hai persoas que utilizan o noso traballo na rede. Grazas a todas elas polo seu interese.
Campo do Fragoso XLIV
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo/por bretemasSINISTRO TOTAL
Fronte ao Eibar, Stoichkov apostou por presentar outro equipo novo, sen canteirán galego ningún. Nos dez primeiros minutos, un par de detalles técnicos de Diego Costa, o media punta brasileiro que substituía a Canobbio, e unhas cantas bicicletas pola banda do holandés Quincy levantaron a bancada: semellaba que, por fin, chegaba o fútbol a Balaídos. Foi só un espellismo. Os vascos colléronlle amodiño o control do centro do campo a Souza e Larena (a nosa parella de medios) e desapareceu o fútbol combinativo dos celestes. Na primeira parte só grazas a senllos balóns de Rubén, picados dende moi atrás, Manchev (o noso único dianteiro) tivo a oportunidade de demostrar as súas enormes dificultades para desbordar ou rematar cun mínimo perigo. A pesar da entrada de Vitolo e Dani Abalo (que deron un chisco máis de velocidade) e das dúas xogadas con certo sentido que desperdiciou a nosa inocente dianteira, non mellorou o xogo céltico coa reanudación. Faltando dez minutos para a conclusión e enfastiada a bancada pola ausencia de algo que se poida chamar xogo, unha contra ben levada polos eibarrotarras abondou para noquear outra vez a este Celta paupérrimo. Na terceira xornada de liga a súa situación é xa absolutamente crítica, non só polos resultados que, previsiblemente, o situarán en posicións de descenso, senón, e sobre todo, por que non se intúe que nas vindeiras xornadas vaia mellorar o xogo e autoridade dos celestes sobre o terreo. O Celta de Stoichkov non manexa conceptos do fútbol actual, non posúe liderado nin dentro nin fóra do campo, amais de non ter corazón nin identidade definida. Algo que non nos extraña tras a vergonzosa política de liquidación do conxunto da tempada anterior e a súa transformación nun mero equipo vasoira, onde probar a canteiráns dos equipos da capital (onte chegaron a xogar até cinco destes inexpertos rapaciños). Un auténtico sinistro total para unha afección con oitenta anos de fútbol atlántico.
Bibliotecas fermosas
/en Arquitectura, Bibliotecas, Imaxes/por bretemasVía Valadés (beizóns).
Recuperar o vieiro
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre a necesidade do Bipartito de recuperar os seus sinais iniciais de identidade: programa común de goberno, austeridade e transparencia na xestión e comunicación compartida. Dende as posicións cidadás é necesario esixir este novo impulso de rexeneración democrática.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.