Destino atlántico
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemas
No artigo da semana comento as novas propostas de TURGALICIA sobre promoción turística de Galicia.
A febre dos blogs
/en Blogs, Educación, Internet, Sociedade, Vídeos/por bretemasVía: Nacho de la Fuente e Periodismo 2015.
Lacra a erradicar
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemas
No artigo da semana volvo sobre a cuestión da violencia machista. Coincide cunha reportaxe sobre a incidencia deste problema na área metropolitana de Vigo e cunha entrevista moi interesante a Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade, publicadas as dúas, tamén, no Faro de hoxe. Reiterar estes argumentos e análises parece necesario para concienciar sobre un problema tan difícil de atallar.
Ostedijk (II)
/en Medio_Ambiente, Sociedade/por bretemas
Nesta crise do Ostedijk é o medo quen está gobernando a actuación das autoridades de salvamento marítimo e da Xunta. Os membros do gabinete de crise deberon asumir o difícil condicionante de non poder atracar o barco (a pesar de que recoñeceron que sería unha das medidas posibles), pola alarma social e mediática que iso produciría e as consecuencias electorais que podería provocar nos municipios da Mariña. A solución adoptada de fondealo a unha milla da costa e alí proceder a enfriar a carga (non hai información sobre outras iniciativas que corresponden ao armador) semella, pois, unha solución estritamente política.Afortunadamente parece (aínda que a información é escasa e parcial) que este “incidente” do Ostedijk non pasará á categoría das nosas catástrofes medioambientais; porén, déixanos a decepción no xeito de afrontar a crise por parte do Goberno Central (non esquezamos que é quen ten as competencias en salvamento marítimo): moi amedoñado pola posibilidade de tomar unha decisión equivocada e amosando escasa autoridade diante dos poderes locais (o alcalde socialista de Viveiro gañoulles o pulso de forma insólita).
O papel da Xunta nun “incidente no que non ten competencias” está sendo discreto –tan discreto que moitas veces creriamos que o Goberno Galego só ten competencias en protección civil–, escasamente proactivo, evitando tomar calquera iniciativa comprometida (outra volta o medo a fallar), falando do asunto o menos posible e limitándose a axudar a capear o temporal entre os alcaldes da comarca. Meu deus…!
Si, co Ostedijk, a sombra das consecuencias políticas do Prestige ésta sendo moi alongada.
Ostedijk
/en Medio_Ambiente, Sociedade/por bretemas
Sabemos qué está pasando nese barco? É a situación máis grave do que se nos está contando? Non había un protocolo sobre zonas de abrigo para unha situación coma este? Lévome facendo estas preguntas ao longo da tarde e non lle atopo moitas respostas razoables. Aínda que non estamos polo momento diante dunha catástrofe ecolóxica, a situación errática do Ostedijk vai collendo demasiadas semellanzas co pesadelo do Prestige; razón pola que non serei eu quen propoña qué se debe facer co barco, xa que para iso están os responsables técnicos e os especialistas para determinalo.
Sexa como for, algunhas conclusións das informacións recadadas xa se poden irse tirando:
- O mercante holandés non estaba, segundo algúns técnicos, a pesar de contra só cun ano de vida, suficientemente preparado para transportar esa carga perigosa. Xa dóra retido en Francia durante sete días por mor de trinta e unha deficiencias.
- O accidente produciuse por un erro humano xa que despois de agotado o gasóleo, os responsables do barco puxeron en funcionamento o abastecemento de fuel (que cómpre quentar), razón pola que as tuberías (que non estaban ailladas termicamente) queceron as chapas e provocaron que o fertilizante comezase a descompoñerse.
- É evidente que despois de catro anos e medio da crise do Prestige, non estamos aínda preparados para xestionar outra catástrofe marítima. É certo que contamos cun buque potente de salvamento marítimo e de loita anticontaminación, mais non posuímos un protocolo sobre portos refuxio e zonas de abrigo. Os responsables do comité de crise, saben o qué han facer?
- O problema principal da costa galega é o tráfico intenso de barcos perigosos pola autoestrada do mar que conforma a nosa fachada atlántica. A lexislación europea aínda é moi permisiva (a diferenza da estadounidense) con este tipo de embarcacións, auténticas bombas no mar.
- A política informativa (a pesar de contar o comité de crise cunha única portavoz, o que supón un adianto) non está sendo o suficientemente puntual, transparente e comprensible para a cidadanía. A utilización de xeralizacións e eufemismos (“os gases non son tóxicos, senón irritantes”, o que quere dicir que son inflamantes; “o rumbo non foi errático, senón que a dirección do mercante sufriu variacións”…) non é o mellor xeito de evitar a alarma social e a conmoción que un acontecemento deste tipo provoca.
- Cómpre agardar en que amaine o temporal e confiar no bo facer dos técnicos (a situación pode alongarse varias semanas)?
Confiemos que a do Ostedik só sexa un pesadelo de entroido e a inevitable dose de catástrofe na nosa costa que, mentres non mude a lexislación europea sobre transposrte marítimo, nos toca sufrir cada certo tempo.
A crise libreira
/en Editores, Librarías, Libro de texto, Sociedade/por bretemas-
Galicia hoxe (en portada).
Escenarios doentes
/en Arquitectura, Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións, Sociedade, Vigo/por bretemas
No artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog.
Aprender a convivir
/en Educación, Política, Presentacións, Sociedade/por bretemasDía Escolar da Paz e a Non Violencia
/en Dereitos_humanos, Educación, Efemérides, Sociedade/por bretemas
Mañá celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia (DENIP), efeméride que promoveu en España (dende 1964) o profesor mallorquín Llorenç Vidal (coincidente co aniversario da morte de Ghandi) e que en Galicia se ven celebrando dende o curso 1981-1982 (en plena carreira armamentista), promovida polo grupo de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega.Cada 3o de xaneiro as escolas énchense de carteis e globos pola paz. A celebración deste “Día da Paz” remóntase en Galicia a 1982, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz no Colexio Público García Barbón. Unha iniciativa que prendeu como lume esperanzado na sociedade escolar galega. Os actos alegóricos como a solta de pombas ou globos no patio de cada centro; a confeción de carteis; a elaboración de manifestos; as cadeas humanas na rúa do Príncipe de Vigo; a realización de programas de radio foron algunhas das actividades que se desenvolvían nesta xornada reivindicativa e que agora son unha rutina que non falta en ningún centro educativo.

Daquelas primeiras celebracións dos oitenta xerminou o movemento galego de educadores pola paz, que dende entón celebra cada ano os seus encontros e promove investigacións, materiais didácticos e publicacións que desenvolven unha cultura para a paz e para a educación nos dereitos humanos. Fito sobranceiro do compromiso destes educadores e educadoras foi Construír a Paz. Cultura para a paz; un proxecto interdisciplinar promovido polo profesor Xesús R. Jares, o infatigable motor e estudoso deste movemento, no que participaron máis de cento trinta persoas de todo o mundo, que se plasmou nun libro solidario do mesmo título, editado por Xerais (1996), e nunha exposición de pintura, escultura, fotografía e ilustración que percorreu as cidades galegas. Aquel proxecto, colectivo e solidario –os beneficios tirados da venda do libro e das obras de arte empregáronse para apoiar un programa de educación para o desenvolvemento no Brasil–, contribuíu a irradiar dende Galicia unha mirada global sobre a paz, tratando de repensar esta idea en todas as esferas e ámbitos da acción humana.
Neste comezo de século da chamada era da información e do coñecemento persiste a vulneración dos dereitos humanos en todos os continentes, rebrota a xenofobia e a aporofobia, profundízanse os desequilibrios entre o Norte e o Sur do planeta, institucionalízase a pobreza, a marxinación e a exclusión de amplos sectores da poboación, e non cesan os conflictos bélicos en máis cincuenta puntos do planeta. Vivimos nun tempo que require unha auténtica mobilización mundial, onde a nosa actitude cívica non pode ser nin a da resignación nin a da indiferencia.
Este 30 de xaneiro de 2007 é especialmente emotivo para min xa que acelebramos o vinte e cinco aniversario dunha data que debe servir para reflexionar no entorno escolar sobre a triste situación do mundo. Co mesmo motivo, acompañarei a Jares a Lugo, onde presentaremos a terceira edición de Aprender a convivir, que serve de referente para o programa “Vivir xuntos. Convivir” promovido polo concello de Lugo nos centros escolares. Sabemos das limitacións destas efemérides, no entanto en poucas ocasións pode ser tan necesario parar a rotina escolar, aínda que sexa só por unhas poucas horas, e pensar cara onde imos.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.








